Rodrigo Álvarez Pardo, nado en Pontedeume cara a 1884 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Álvarez González. Participou no movemento agrarista nos anos dez. Foi fiscal municipal de Pontedeume (1910)El Correo de Galicia, 2-8-1910, p. 2. e secretario do Concello de Ares. Na Segunda República foi militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Pontedeume o 10 de agosto de 1936. Logo da súa morte foille incoado expediente de responsabilidades políticas, sendo sancionado con 200 pesetas. O 7 de marzo de 1948 a guerrilla axustizou ao falanxista José Manuel Otero Castro, acusado de ser o responsable da súa morte.

Vida persoal Casou con María Díaz Domínguez en 1926.Correo de Galicia, 12-12-1926, p. 6.

Notas

Categoría:Avogados de Pontedeume Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1884 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos