A igrexa de San Fiz de Cangas, é un templo relixioso situado na parroquia de San Fiz de Cangas, no concello lugués de Pantón. É o único que queda dun mosteiro de orixe visigótica. Como mosteiro de monxas bieitas aparece citado en documentos dos anos 1180 e 1119; en 1289 recibe doazón de dona Urraca Iáñez e, no ano 1515, é anexionado ó mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares.
Arquitectura A igrexa é de arquitectura románica do século XII, con elementos de transición. A planta exteriormente aparenta ser de cruz latina, pero ten unha soa nave con tres ábsidas poligonais, ante as cales se cruza outra nave.
A porta principal presenta un arco lixeiramente apuntado, e o seu tímpano vai decorado cuns relevos que representan o Sol e a Lúa cunha cruz grega no centro, baixo os cales represéntase unha estrela de oito puntas e uns rectángulos concéntricos.
A estrutura orixinal da igrexa foi modificada no século XVII ó suprimirse a ábsida lateral esquerda para albergar no seu lugar a capela de Torrenovais, da Casa de Espasantes, na que foi colocado o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga, cabaleiro de Santiago e comendador de Anguera; o sepulcro é de arcosolio, coa figura orante do defunto.
Galería de imaxes
Notas
Cangas Categoría:Pantón