San Tomé de Souto de Torres é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 35 habitantes. En 2016 contaba cunha poboación de 13 homes e 9 mulleres.

Patrimonio Situada no camiño Primitivo, é unha ruta para os camiñantes de gran beleza polas súas carballeiras e castiñeiros. Conta cunha igrexa preto do camiño e un cruceiro de recente construción.

Festas Celebra unha festa na honra de Nosa Señora dos Milagres, o 24 de maio. Festa de gran tradición, onde gran número de persoas acoden en peregrinación tanto o día da festa como os nove días anteriores en que se celebra unha novena na honra da Virxe.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Souto de Torres

Parroquias de Castroverde

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castroverde

Categoría:Parroquias de Castroverde Categoría:Localidades do Camiño Primitivo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé