Lucian Mureșan, nado en Ferneziu o 23 de maio de 1931 e finado en Blaj o 25 de setembro de 2025, foi un eclesiástico grecocatólico romanés, cardeal e arcebispo maior de Făgăraș e Alba Iulia dende 1994. Traxectoria Naceu o 23 de maio de 1931 en Ferneziu, entón no Reino de Romanía. O 19 de decembro de 1964, xa co país baixo dominio comunista, foi ordenado sacerdote da diocese de Maramureș.
O 14 de marzo de 1990 foi nomeado bispo de Maramureș, e o 27 de maio do mesmo ano foi consagrado bispo polo arcebispo Alexandru Todea.
O 4 de xullo de 1994 foi nomeado arcebispo de Făgăraș e Alba Iulia. Coa elevación da sé ao rango de arquidiocese maior por Bieito XVI o 16 de decembro de 2005 pasou a ser o arcebispo maior da Igrexa católica bizantina romanesa. O mesmo papa creouno cardeal no consistorio do 18 de febreiro de 2012, coa sé titular de Sant'Atanasio. Notas
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Romanía Categoría:Finados en 2025 Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos de Romanía Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina romanesa Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais