O suplemento ao título é unha ferramenta que se desenvolveu no marco do proceso de Boloña, destinada a facilitar a comprensión dos estudos realizados. Non contén xuízos de valor e está emitido por institucións nacionais consonte un modelo desenvolvido conxuntamente por un grupo de traballo da Comisión Europea, o Consello de Europa e a UNESCO."Final report of the joint European Commission, Council of Europe, UNESCO/CEPES diploma supplement working party ". (En inglés)
O suplemento europeo ao título consta de oito partes:"Diploma Supplement. What is it? ". (En inglés) Información sobre a persoa titular. Información sobre o título. Información sobre o nivel de cualificación. Información sobre o contido e os resultados obtidos. Información sobre a función da titulación. Información adicional. Certificación do suplemento. Información sobre o sistema nacional de ensino superior. En xaneiro de 2005, o suplemento ao diploma adheriuse ao dispositivo Europass, "marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e das competencias" en Europa."Europass. Davantage de mobilité pour étudier et travailler en Europe". (En francés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Espazo Europeo de Educación Superior Proceso de Boloña Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos (ECTS)
Categoría:Ensino superior Categoría:Universidades