O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.
Historia
Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá de época romana tardía e sueva.
Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885, non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres. No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda. No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros, entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.
O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular. As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ruta rosaliana
Categoría:Cemiterios de Galicia Cemiterio de Adina Categoría:Lugares rosalianos