A Fundación Amancio Ortega (FAO) é unha organización sen ánimo de lucro xurdida ao abeiro do éxito internacional de Inditex, sendo o seu presidente e fundador o propio Amancio Ortega.

Historia e obra social esquerda|miniatura|Escola Infantil de Esteiro, en Ferrol. Promovida pola Fundación Amancio Ortega. Desde os seus comezos centrou boa parte da súa actividade na educación dos máis pequenos, co proxecto Ponte dos Brozos de Arteixo, para educar mediante o uso das novas tecnoloxías. Este proxecto iríase ampliando nos seguintes anos aos institutos de educación secundaria obrigatoria do mesmo concello.

No ano 2010, a fundación convocou 50 prazas bolseiras para realizar o primeiro curso de bacharelato nos Estados Unidos de América. Na edición de 2026 ofértanse 450 prazas, 200 ós Estados Unidos e 250 ó Canadá.

En marzo de 2012, a FAO asinou un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar polo que habería financiar a construción de nove escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos nas localidades da Coruña, Arteixo, Cambre, Ferrol, Lugo, Melide, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Esta iniciativa contou cun investimento aproximado de máis de 15 millóns de euros.

En setembro de 2014 a institución benéfica Padre Rubinos inaugurou as súas novas instalacións duns 15 000 metros cadrados en Labañou grazas ao financiamento da FAO. A finais dese mesmo ano a fundación asinou un convenio co Banco de Alimentos polo que este recibiría catro millóns de euros para a mellora das súas infraestruturas.

En 2015 anunciouse a construción dunha residencia para maiores en Arteixo, nos terreos anexos á escola infantil que a propia FAO acabara de promover.

A finais de marzo de 2017 fíxose pública a doazón duns 320 millóns de euros para a loita contra o cancro, mediante a adquisición de equipos de última xeración para modernizar as unidades de detección e tratamento radioterápico en hospitais públicos.

Véxase tamén

Outros artigos

Amancio Ortega

Notas

Amancio Ortega Categoría:Arteixo