John Fleming, nado o 10 de xaneiro de 1785 en Kirkroads Farm, preto de West Lothian, Escocia, e finado o 18 de novembro de 1857 en Edimburgo, foi un relixioso, naturalista, zoólogo, botánico, climatólogo e xeólogo escocés.
Descrbiu e nomeou un gran número de especies de moluscos, ademais de diversos taxons doutros grupos de animais e vexetais.
Durante toda a súa vida tratou de conciliar a teoloxía coa ciencia.
Traxectoria Despois dos seus estudos na Universidade de Edimburgo, que rematou en 1805, ao ano seguinte foi admitido como pastor da Igrexa de Escocia, sendo asignado á parroquia de Bressay, nas illas Shetland. Foi ordenado en 1808 e, desde ese ano a 1834, serviu como pastor en varias parroquias escocesas.Fleming, John (Scotland 1785-1857) en Some Biogeographers, Evolutionists and Ecologists . Consultada o 8 de abril de 2017.
En 1808 participou na fundación da Wernerian Society, unha sociedade científica dedicada ao estudo da historia natural.
John Fleming uniuse á Royal Society o 25 de febreiro de 1813. En 1814 doutorouse en teoloxía na Universidade de St. Andrews e, no mesmo ano foi elixido membro da Royal Society of Edinburgh.
En 1824 enleouse nunha famosa controversia co xeólogo William Buckland (1784-1856) sobre a natureza do Diluvio tal como se describe na Biblia.
Fleming foi un estreito colaborador de Robert Edmond Grant (1793–1874), quen consideraba que as mesmas leis da vida afectaran a todos os organismos. En 1828 publicou a súa History of British Animals libro no que se referiu non só ás especies existentes, senón tamén ás fósiles. Nela explicana a presenza de fósiles polo cambio climático, o que suxire que as especies extintas terían sobrevivido se as condicións lles foran favorábeis. Estas teorías contribuíron ao avance da bioxeografía e exerceron unha certa influencia en Charles Darwin.
En 1831 Fleming encontrou algúns fósiles que recoñeceu como peixes nos sedimentos de areísca vermella en Fife. Isto non encaixaba coa idea xeralmente aceptada de que a Terra tiña aproximadamente 6 000 anos.
En 1834 obtivo a cátedra de filosofía natural no New College da Universidade de Aberdeen. E, en 1845, foi profesor de historia natural no New College da Universidade de Edimburgo.
Faleceu en Edimburgo e está soterrado no cemiterio de Dean Village desta cidade.
Algunhas publicacións 1821: Insecta, en Supplement to the fourth, fifth and sixth editions of the Encyclopae-dia Britannica, with preliminary dissertations on the history of the sciences. 1822: Philosophy of Zoology. 1828: A History of British animals, exhibiting the descriptive characters and systematical arrangement of the genera and species of quadrupeds, birds, reptiles, fishes, mollusca, and radiata of the United Kingdom, including the indigenous, extirpated , and extinct kinds, together with periodical and occasional visitants. 1851: The Temperature of the Seasons, and Its Influence on Inorganic Objects, and on Plants and Animals.
Algúns taxons descritos por Fleming Superfamilia Conoidea, 1822 Superfamilia Muscicapinae, 1822 Familia Psammobiidae, 1828 Familia Conidae, 1822 Subfamilia Coninae, 1822 Xénero Grantia, 1828 Especies do filo Mollusca:
Chiton laevigatus, 1813 Patella elongata, 1813 Patella elliptica, 1813 Doris nigricans, 1820 Heterofusus retroversus, 1823 Octopus octopodia, 1826 Bulla cranchii, 1828 Eolidia plumosa, 1828 Modiola vulgaris, 1828 Lima fragilis, 1791 sensu Fleming, 1828 Lutraria vulgaris, 1828 Gastrochaena hians, 1828 Patella clealandi, 1828 Assiminea grayana, 1828 Scissurella crispata, 1828
Abreviaturas A abreviatura Fleming emprégase para recoñecer a John Fleming como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Fleming no IPNI. A abreviatura Fleming emprégase para recoñecer a John Fleming como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Pastores protestantes do Reino Unido Categoría:Científicos de Escocia Categoría:Botánicos de Escocia Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1785 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1857 Categoría:Malacólogos do Reino Unido