A privacidade pode ser definida como o ámbito da vida persoal dun individuo, quen se desenvolve nun espazo reservado, o cal debe manterse confidencial. Tamén se aplica á calidade de privado.
O desenvolvemento da sociedade da información e a expansión da informática e das telecomunicacións expón novas ameazas para a privacidade que han de ser afrontadas desde diversos puntos de vista: social, cultural, legal, tecnolóxico etc. Máis cando aumenta por todo o mundo a recolección de datos, tanto por entidades privadas como públicas, e tamén o número de entidades que fan dita recolección e os casos de filtración de datos.
A privacidade consiste nun entendemento colectivo sobre as barreiras e limitacións dunha situación dada e o coñecer o modo no que operar dentro delas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Convención Europea de Dereitos Humanos
Ligazóns externas Texto da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos" Guía da OECD sobre a privacidade e as transferencias internacionais de datos (en inglés e francés) Protección de Datos na Unión Europea Lei Orgánica de Protección de Datos de España Asociación de Empresas de Protección de Datos
Categoría:Dereitos humanos Categoría:Ética Categoría:Psicoloxía Categoría:Socioloxía