Heorhii (Yurii) Yaroshevskyi (, , ) nado en Ternivka, Gobernación de Podolia, Imperio Ruso) o 18 de novembro de 1872 e finado en Varsovia o 8 de febreiro de 1923, foi un eclesiástico ortodoxo, primeiro metropolita de Varsovia e toda Polonia da Igrexa ortodoxa autocéfala polaca dende 1922 até o seu pasamento.

Traxectoria En marzo de 1900 foi tonsurado monxe e ordenado sacerdote. En 1906 foi ordenado bispo de Kashira e vigairo da eparquía de Tula. O 1 de febreiro de 1908 pasou a ser bispo de Pryluky e vigairo da eparquía de Poltava. A partir do 19 de novembro de 1910 foi bispo de Iamburg, e logo do 13 de maio de 1913 bispo de Kaluga e Vorovsk.

O 6 de xullo de 1916 pasou a ser bispo de Minsk-Turaŭ, mais a súa eparquía ficou dividida entre a URSS e Polonia polo tratado de Riga do 18 de marzo de 1921. Deixou a Unión Soviética e marchou a Italia, e de alí a Polonia onde foi aceptado polas autoridades como cabeza da Igrexa ortodoxa rusa no país. O patriarca de Moscova Tikhon nomeouno exarca de Polonia o 27 de setembro de 1921, e o 30 de marzo de 1922 nomeouno metropolita. Tratou de obter un status de autocefalia, mais coa oposición do patriarca e de gran parte do clero. Administrou o que o goberno chamou a Igrexa ortodoxa autocéfala polaca. Foi asasinado polo arquimandrita Smarahd Latshenko o 8 de febreiro de 1923.

Notas

Categoría:Nados en 1872 Categoría:Nados na rexión de Vinnytsia Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos ortodoxos de Polonia Categoría:Bispos ortodoxos de Belarús Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa autocéfala polaca Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Finados en 1923