Antía Veres Xesto, nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.

Traxectoria Licenciouse en 2013 en Tradución e Interpretación (especialidade inglés-galego) pola Universidade de Vigo, e en 2014 foi premio extraordinario fin de carreira pola dita universidade. Dende ese mesmo ano, traballou na empresa privada Globalingua Translation, con sede en Vigo, lugar de residencia de Veres, e na CoruñaPáxina web da empresa , pestana "Quen somos".. Noutra orde de cousas, colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e fixo voluntariado para a asociación sen fins de lucro Tradutores sen Fronteiras.

Foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua da Universidade de Vigo (2009) da cal foi presidenta entre os anos 2011 e 2012.

Obras traducidas Obra impresa

300px|miniatura|De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017. O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster. Un amante fantasma, de Vernon Lee (Editorial Hugin e Munin, 2015)Vernon Lee. Un amante fantasma, entrada no blog "Revolta da Freixa" o 16 de abril de 2017. Detrás da máscara, de Louisa May Alcott (Editorial Hugin e Munin, 2017). Unha muller perdida, de Willa Cather (Editorial Hugin e Munin, 2018). Unha historia detectivesca de dobre canón, de Mark Twain (Kalandraka, 2018) A orde do día, de Éric Vuillard (Faktoría K, 2018) O planeta dos simios, de Pierre Boulle (Faktoría K, 2019) A batalla de occidente, de Éric Vuillard (Kalandraka, 2019) O inimigo coñece o sistema, de Marta Peirano (Kalandraka, 2019) O home dos círculos azuis, de Fred Vargas (Kalandraka, 2020) As aventuras de Txano e Óscar. A pedra verde, de Julio Santos (ilustr. Patricia Pérez) (Xarpa Books, 2020) Operación sabuxo, de Julio Santos (Xarpa Books, 2020) O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy (Narrativa K, 2021) O estoico, de John Galsworthy (Editorial Hugin e Munin, 2021) A grande orquestra animal: á busca das orixes da música nos espazos salvaxes do planeta, de Bernie Krause (Factoría K, 2021)

Tradución teatral Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez (Erregueté, 2019)Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada, Erreguete.gal.

Outras publicacións "Como traducimos nas cidades divididas?", Viceversa, nº19-20 (2014).

Galardóns No 2013, conseguiu o accésit na edición de 2013 do Premio de tradución da Universidade de VigoPremio 2013 de tradución da Universidade de Vigo, en Laxastraducidas pola tradución da obra O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster. No 2017, foi a gañadora do I Premio Realia de TraduciónAntía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución , nova recollida na páxina web do Concello de Santiago o 20 de abril de 2017. por Detrás da máscara, de Louisa May Alcott. No 2019, gañou o XVIII Premio Plácido Castro pola tradución da obra Unha muller perdida de Willa Cather.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da tradutora en Bitraga

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Guitiriz Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo