miniatura|Mapamundi debuxado por Ortelius (1570). A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.

Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido.Encyclopedia Americana, 1986 ed., Vol. 29, p. 558. Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.Bellwood, Peter. (2004). First Farmers: The Origins of Agricultural Societies. Blackwell Publishers. ISBN 0-631-20566-7Cohen, Mark Nathan (1977). The Food Crisis in Prehistory: Overpopulation and the Origins of Agriculture. New Haven y Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-02016-3.

Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios. Nacemento dos estados miniatura|Primeiro desembarco de Cristovo Colón en América en 1492. A pintura corresponde á "Exposición Nacional, Medalla de Primeira clase" en 1862, por Dióscoro Puebla miniatura|Buzz Aldrin sobre a superficie lunar, 20 de xullo de 1969. miniatura|Bomba atómica sobre Nagasaki, 9 de agosto de 1945 miniatura|Membros da Organización das Nacións Unidas. Max Weber define estado como «unha organización humana que controla de maneira exclusiva e legal o uso da forza sobre unha zona xeográfica específica».Max Weber. "Politik als Beruf", en Gesammelte Politische Schriften (Múnic, 1921), pp. 396-450. Orixinalmente foi unha conferencia na Universidade de Múnic, 1918, publicada en 1919 por Duncker & Humblodt, en Múnic.

Os primeiros estados apareceron no cuarto milenio antes de Cristo en Mesopotamia e en Exipto nas marxes do río Nilo,Baines, John y Jaromir Malek. The Cultural Atlas of Ancient Egypt, revised edition. Facts on File, 2000. ISBN 0-8160-4036-2.Bard, K. A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. NY, NY: Routledge, 1999. ISBN 0-415-18589-0.Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. Blackwell Books, 1992. ISBN 0-631-19396-0.. No terceiro milenio antes de Cristo xorde a Cultura do val do Indo,Allchin F., Raymond (ed.). The Archaeology of Early Historic South Asia: The Emergence of Cities and States. Nova York: Cambridge University Press, 1995.Chakrabarti, D. K. Indus Civilization Sites in India: New Discoveries. Mumbai: Marg Publications, 2004. ISBN 81-85026-63-7.Dani, Ahmad Hassan; Mohen, J-P. (eds.). History of Humanity, Volume III, From the Third Millennium to the Seventh Century BC. Nova York/París: Routledge/UNESCO, 1996. ISBN 0-415-09306-6. e a civilización Caral no Perú. Tamén dá comezo a época dos Tres augustos e cinco emperadores nas marxes do río Amarelo.History of China. Edward H. Schafer, Time-Life, Time-Life Books - 1968 - 191 páxinasHistory and culture of China. Maurizio Scarpari, Carmen Artal - 2001 - 292 páxinas ISBN 978-968-5308-23-6Empire Mythologic. Roger Goepper, Helmut Brinker - 1988 - 460 páxinas ISBN 84-01-60748-5 Na China a partir do 2500 a. C. aparece a primeira dinastía testificada pola arqueoloxía que é a dinastía Xia. No segundo milenio antes de Cristo emerxeron civilizacións en Creta, Grecia Oriental e Turquía.

Desde o século I a. C., desenvolveuse unha rede de rutas comerciais organizadas a partir do negocio da seda chinesa. As súas diversas rutas comezaban na cidade de Chang'an (actualmente Xi'an) na China, pasando entre outras cidades por Karakorum (Mongolia), o paso de Khunjerab (China/Paquistán), Susa (Persia), o val de Fergana (Taxiquistán), Taxila (Paquistán), Antioquía (Siria), Alexandría (Exipto), Kazán (Rusia) e Constantinopla ás portas de Europa, chegando até os reinos hispánicos no século XV, nos confíns de Europa e a Somalia e Etiopía en África oriental.

Os Casitas de Babilonia ou os Manchuria da China conseguiron conquistar estados moi desenvolvidos e, posteriormente, integráronse dentro das súas estruturas. Os europeos conseguiron enclaves imperiais en Indonesia e as Molucas, mercé á ausencia de poderes políticos ou militares fortes na rexión.

En 1492, o navegante xenovés Cristovo Colón chegou ao continente americano, en 1498 o portugués Vasco da Gama conectou Europa coa India e en 1522 Juan Sebastián Elcano circunnavegou por primeira vez o globo (1519-1522). No século XV, navegantes chineses como Zheng He e portugueses como Henrique o Navegante, impulsados pola difusión do compás, a cartografía e a construción de grandes naves, estabeleceron rutas comerciais que conectaron Europa, África e Asia.

A finais do século XVI, conformouse unha gran rede de comercio marítimo a través do océano Pacífico con centros portuarios en Lima, Panamá, Manila, Guangzhou e Xiamen. Simultaneamente españois e portugueses abriron unha ruta para o comercio de escravos secuestrados en África e vendidos en América. No século XVI, os avances da ciencia como o de Andreas Vesalio en medicina e Nicolás Copérnico e Galileo Galilei en astronomía cambiaron a visión do mundo (para os europeos, polo menos). Sentaron así as bases para unha serie de descubrimentos: a teoría da gravidade de Isaac Newton, o principio de que toda vida procede doutra vida de Lazzaron Spallanzani, o descubrimento dos microorganismos por Anton van Leeuwenhoek, a vacinación de Edward Jenner etc. Por outra banda, o progreso da medicina con investigadores como Louis Pasteur permitiu alongar a esperanza de vida das persoas.

A inicios do século XVII, navegantes europeos chegaron a Australia. Só a Polinesia quedou fóra, e aínda así, as civilizacións do océano Pacífico sumáronse no século XVIII (illa de Pascua en 1722, e Hawai polo capitán Cook). Ao mesmo tempo, confirmáronse por primeira vez as hipóteses sobre o mítico continente austral, ao recibirse reportes da existencia da Antártida.

Por esta época, producíronse as revolucións liberais. Os esforzos de inventores como Thomas Newcomen e James Watt levaron á invención, a finais do século XVIII, da máquina de vapor. A industrialización puxo en mans das potencias colonias europeas novas armas para a guerra, como por exemplo o rifle de retrocarga, o acoirazado ou a metralladora, o que lles deu supremacía sobre os exércitos. En Europa durante o século XVIII, o desenvolvemento do coñecemento e a tecnoloxía alcanzou unha masa crítica que fixo posible a Revolución Industrial.

Deu comezo a contaminación dos ecosistemas, a extinción das especies e a conseguinte diminución da biodiversidade. As emisións de dióxido de carbono desde mediados do século XIX, como produto da queima masiva de combustibles fósiles (carbón e petróleo), xerou o efecto invernadoiro.

Cara a 1835, os seres humanos alcanzaron por vez primeira os mil millóns de habitantes na súa historia. No paso dos séculos XIX a XX, o xurdimento de leis laborais protexeu aos traballadores e permitiu o xurdimento dunha clase media, e dunha sociedade de consumo a grande escala. Isto non foi sen duras loitas, nas cales as organizacións de traballadores (sindicatos) foron moitas veces prohibidas e perseguidas.

Aos poucos, todas as rexións e poboacións do globo caeron baixo o poder dun ou outro estado até que, mediante o Tratado de Berlín de 1878, o Reino Unido, o Imperio Austrohúngaro, Francia, o Imperio Alemán, o Reino de Italia, Rusia e o Imperio Otomán atribuíronse os últimos territorios desocupados, a excepción da Antártida.

O esgotamento dos territorios mundiais para ser colonizados levou ás potencias europeas a chocar unhas con outras. En 1914, un incidente menor (o asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria) desatou a primeira guerra mundial até 1918. Con todo, a paz non foi satisfactoria.

Despois da primeira guerra mundial, produciuse a Gran Depresión, a guerra civil española (1936-1939) e a Revolución Rusa de 1917.

No ano 1939, estalou a segunda guerra mundial, na cal se enfrontaron as potencias Aliadas (Gran Bretaña, Unión Soviética, Estados Unidos, Francia Libre, Polonia, China e moitos máis) contra o Eixo (Alemaña nazi, Italia, Xapón).

A partir do final da segunda guerra mundial en 1946, emerxeu unha orde bipolar encabezada por Estados Unidos e a Unión Soviética. Ambos buscaban o dominio mundial, pero o temor ao arsenal nuclear inimigo levounos a evitar a confrontación aberta. Por isto, a este período chámaselle guerra fría. Moitos países de Europa do leste uníronse á Unión Soviética e formaron o pacto de Varsovia. A intensidade das hostilidades entre os Estados Unidos e a Unión Soviética foi escalando até chegar á crise dos mísiles de 1962. A consecuencia disto, ambas potencias abocáronse a relacións máis cordiais, xurdindo así a Détente. Na década de 1980, Estados Unidos embarcouse nunha nova carreira armamentista. En resposta, a Unión Soviética buscou reformarse a abrirse nun proceso chamado Perestroika, o cal saíu de control, e levou ao desmantelamento final da Unión Soviética e do bloque comunista (1989-1991).

Intentouse crear unha nova orde mundial tendente a evitar repetir os horrores das guerras mundiais, e para iso creouse a Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1945, que en 1948 formulou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Pero a ONU foi relativamente insolvente para conter aos Estados Unidos e á Unión Soviética. Estes, pola súa parte, apoarion activamente a descolonización, desmantelando os imperios coloniais de Francia, Inglaterra e outros países europeos, como un xeito de intervir directamente nas novas repúblicas. Así, ao eixo "leste-oeste" (URSS-EUA) sumouse un eixo "norte-sur" (países ricos e países pobres). Aos países máis pobres e atrasados chamóuselles o Terceiro Mundo, por non ter maior cabida en ningún dos outros dous mundos, o do capitalismo estadounidense ou o do socialismo soviético.

O desenvolvemento dos foguetes na primeira metade do século XX permitiu por primeira vez ao ser humano enviar máis aló da atmosfera, naves e satélistes robóticos primeiro, e sondas tripuladas despois. A exploración do espazo desenvolveuse no marco da chamada carreira espacial entre a Unión Soviética e os Estados Unidos; despois do derrubamento da primeira, a exploración volveuse unha empresa de colaboración internacional. Así, a Estación Espacial MIR foi substituída pola Estación Espacial Internacional. En 1957, a Unión Soviética puxo en órbita o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial. Logo, en 1961, séguelle Iuri Gagarin, o primeiro cosmonauta. A primeira muller foi Valentina Tereshkova, en 1963, e o primeiro camiñante espacial foi Aleksei Leonov en 1965. En 1969, chega o primeiro voo tripulado á lúa co Apolo XI. En 1977, comeza a misión Voyager, destinada a explorar o exterior do Sistema Solar. En 1983, a sonda Pioneer 10 chega até a heliopausa, o confín máis remoto do Sistema Solar, e abandona definitivamente este. En 1990, entra en órbita o Telescopio Espacial Hubble, o primeiro telescopio situado máis aló da atmosfera, e pioneiro de varios outros satélites que captan ondas electromagnéticas do espazo para o seu estudo.

Os progresos en materia electrónica levaron ao desenvolvemento da computadora. En 1943, entra en operacións o ENIAC, a primeira computadora. Con todo, non é senón até a invención do transistor, que estas se converten en ferramentas verdadeiramente potentes.

Na primeira metade do século XX, masifícase o uso da radio e na segunda metade do mesmo século masifícase o uso da televisión.