Os somalís (en somalí, soomaali; en árabe, صوماليون) son un grupo étnico que habitaban orixirariamente o corno de África (península de Somalia).Somalia en World Factbook. Central Intelligence Agency. 14-05-2009. Consultada o 22-04-2017.
Os somalís étnicos son de 16 a 20 milóns de individuos, que se concentran principalmente en Somalia (uns 9 millóns),CIA World Factbook: Somalia, people & [http://www.lib.utexas.edu/maps/africa/somalia_ethnic_grps_2002.jpg Map of the Somalia Ethnic groups (CIA according de Perry-Castañeda Library Map Collection). The first gives 15% non-Somalis and the second 6%. Used 85% of current population of Somalia. A primeira fonte dá un 15 % de non somalís, e a segunda, o 6 %. Utilizan o 85 % da actual poboación de Somalia. Etiopía (4,6 millóns), Kenya (2,4 millóns) e Djibuti (524 000) e, ao outro lado do mar Vermello, no Iemen. miniatura|esquerda|250px|Zonas do corno de África onde habitan so somalís.
Ademais son moitos os que, debido á Guerra Civil Somalí e á emigración por motivos económicos ou políticos, viven en gran parte do mundo, sobre todo no Oriente Medio, os Estados Unidos, Australia e Oceanía e Europa.
A súa lingua é o somalí unha das ramas das linguas cuxitas, da familia das linguas afroasiáticas.
Todos son musulmáns desde, polo menos, o século XIV.Mohamed Diriye Abdullahi (2001): Culture and Customs of Somalia. Greenwood Press, p. 1.
Os habitantes no seu lugar de orixe, o corno de África, eran tadicionalmene pastores nómades que, a causa da intensa competencia por uns recursos limitados, foron extremadamente individualistas e víronse frecuentemente implicados en inimizades a morte ou a guerras cos clans e os pobos veciños.
Unha segunda categoría de somalís autóctonos son os cidadáns e os agricultores das concentracións urbanas, especialmente ao longo da costa do mar Vermelo e do océano Índico, no corno de África, moitos dos cales traballaban como intermediarios comerciais entre o Mundo árabe e os nómades do interior.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hanley, Gerald, Warriors: Life and Death Among the Somalis, (Eland Publishing Ltd, 2004) Outros artigos Gran Somalia Lingua somalí Somalia
Categoría:Grupos étnicos de Somalia Categoría:Grupos étnicos de Etiopía Categoría:Grupos étnicos de Djibuti Categoría:Grupos étnicos de África