George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo e considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage; moitas das súas letras máis curtas en Hebrew Melodies tamén se fixeron populares (exemplo "She Walks in Beauty").

Byron educouse no Trinity College da Universidade de Cambridge. Tras graduarse, viaxou cumpridamente por Europa, vivindo durante sete anos en Italia, en Venecia, Rávena, Pisa e Xénova, e logo viuse obrigado a fuxir a Inglaterra tras recibir ameazas de morte. Durante a súa estadía en Italia, visitaba con frecuencia o seu amigo e tamén poeta Percy Bysshe Shelley. Máis tarde, Byron uniuse á Guerra de Independencia de Grecia para loitar contra o imperio otomán, polo que os gregos o veneran como un heroe popular. Morreu liderando unha campaña en 1824, á idade de 36 anos, por mor dunha febre contraída tras o primeiro e segundo asedio de Missolonghi.

Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.

A súa única filla lexítima, Ada Lovelace, foi unha figura fundacional no campo da programación de computadoras, baseándose nos seus apuntamentos para a máquina analítica de Charles Babbage. Os fillos extramatrimoniais de Byron inclúen a Allegra Byron, quen faleceu na infancia, e posiblemente a Elizabeth Medora Leigh, filla da súa media irmá Augusta Leigh.

Traxectoria Primeiros anos George Gordon Byron naceu na rúa Holles, en Londres; O seu lugar de nacemento está agora supostamente ocupado por unha sucursal dos grandes almacéns John Lewis. A súa familia na rexión inglesa de Midlands remóntase sen interrupción até Ralph de Buran, quen chegou a Inglaterra con Guillerme o Conquistador no século XI. As súas propiedades inmobiliarias figuran no Domesday Book de 1086. miniatura|esquerda|Gravado do pai de Byron, o capitán John «Mad Jack» Byron, data descoñecida. Byron era o único fillo do capitán John «Jack» Byron e a súa segunda esposa, Lady Catherine Gordon (do Clan Gordon), herdeira do predio Gight en Aberdeenshire, Escocia. Os avós paternos de Byron eran o vicealmirante John Byron e Sophia Trevanion.. Tras sobrevivir a un naufraxio cando era un mozo gardamariña, o avó de Byron estableceu unha nova marca de velocidade ao dar a volta ao mundo. Despois de verse envolvido nunha tempestuosa viaxe durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a prensa alcumouno "Foul-Weather Jack" Byron (Jack Mal Tempo). miniatura|esquerda|Retrato de Catherine Gordon, nai de lord Byron, obra de Thomas Stewardson

O pai de Byron estivera casado anteriormente, de forma algo escandalosa, con Amelia Osborne, marquesa de Carmarthen, con quen mantiña unha relación sentimental. A voda tivo lugar apenas unhas semanas despois de que ela se divorciase do seu marido, estando embarazada duns oito meses. O matrimonio non foi feliz, e os seus dous primeiros fillos, Sophia Georgina e un neno sen nome, morreron na infancia. A propia Amelia morreu en 1784, case exactamente un ano despois do nacemento do seu terceiro fillo, a media irmá do poeta, Augusta Mary. Aínda que Amelia morreu por mor dunha enfermidade dexenerativa, probablemente tuberculose, a prensa informou que o seu corazón rompeu polo remorso de abandonar ao seu marido. As fontes do século XIX culparon ao trato "brutal e cruel" que lle dera Jack..

Jack casou con Catherine Gordon de Gight o 13 de maio de 1785, segundo todas as fontes, só pola súa fortuna. Para reclamar a herdanza da súa segunda esposa en Escocia, o pai de Byron adoptou o apelido adicional "Gordon", pasando a chamarse "John Byron Gordon", e en ocasións facíase chamar "John Byron Gordon de Gight". A nai de Byron tivo que vender as súas terras e o seu título para pagar as débedas do seu novo marido. No espazo de dous anos, a gran leira, valorada nunhas 23 500 libras esterlinas (equivalentes a 3.760.697 £ en 2023), foi malgastada, deixando á antiga herdeira unha renda anual en fideicomiso de só 150 libras (equivalente a 24.076 £ en 2023). Para evitar aos seus acredores, Catherine acompañou ao seu marido a Francia en 1786, pero regresou a Inglaterra a finais de 1787 para dar a luz ao seu fillo.

Byron naceu en xaneiro de 1788 e foi bautizado na igrexa parroquial de St Marylebone. O seu pai parece que quería chamarlle "William", pero como non estaba presente, a nai de Byron púxolle o nome do seu propio pai, George Gordon de Gight, que era descendente do rei Xacobe I de Escocia, e que se suicidara uns anos antes, en 1779.

A nai de Byron regresou a Aberdeenshire en 1790, e Byron pasou parte da súa infancia alí. O seu pai pronto se reuniu con eles no seu aloxamento de Queen Street, Aberdeen, pero a parella separouse rapidamente. Catherine experimentaba regularmente cambios de humor e episodios de melancolía, o que podería explicarse en parte polo feito de que o seu marido lle pedía diñeiro prestado continuamente. Como resultado, ela endebedouse aínda máis para satisfacer as súas demandas. Un destes préstamos permitiulle viaxar a Valenciennes, Francia, onde morreu dunha "longa e dolorosa enfermidade" —probablemente tuberculose— en 1791.

Cando o tío avó de Byron, a quen se lle atribuíu postumamente o sobrenome de "o malvado" lord Byron, faleceu o 21 de maio de 1798, o neno de dez anos converteuse no sexto barón Byron de Rochdale e herdou a residencia ancestral, a abadía de Newstead, en Nottinghamshire. A súa nai levouno a Inglaterra, pero a abadía atopábase en mal estado, polo que, en lugar de vivir alí, decidiu alugala a lord Grey de Ruthyn, entre outros, durante a adolescencia de Byron.

Descrita por algúns biógrafos como "unha muller sen xuízo nin autocontrol", Catherine supostamente mimaba e consentia o seu fillo ou o irritaba coa súa caprichosa mania. A el repugnáballe que bebese e a miúdo burlábase dela por ser baixa e corpulenta, polo que lle resultaba difícil atrapalo para disciplinalo. Byron nacera cunha deformidade no pé dereito; a súa nai, nun arrebato de ira, vingouse chamándolle «neno coxo».. Con todo, a biógrafa de Byron, Doris Langley Moore, no seu libro de 1974 Lord Byron Accounts Rendered, ofrece unha visión máis comprensiva da señora Byron como unha firme defensora do seu fillo, que sacrificou a súa precaria situación financeira para mantelo no luxo en Harrow e Cambridge. Langley-Moore cuestiona a afirmación do biógrafo do século XIX John Galt de que ela abusaba do alcol.

A sogra de Byron, Judith Noel, a honorable Lady Milbanke, faleceu en 1822, e no seu testamento esixía que el cambiase o seu apelido a "Noel" para poder herdar a metade do seu patrimonio. En consecuencia, obtivo unha Real Orde, que lle permitía "tomar e usar unicamente o apelido Noel" e "subscribir devandito apelido Noel antes de todos os títulos de honra". A partir dese momento, asinou como "Noel Byron", xa que a firma habitual dun par era simplemente o nome do título nobiliario, neste caso, simplemente "Byron". Algúns especularon que o fixo para que as súas iniciais fosen «N. B.», imitando as do seu heroe, Napoleón Bonaparte. Anne Isabella Byron (Lady Byron) finalmente sucedeu ao barón de Wentworth, converténdose en "Lady Wentworth". Educación Byron recibiu a súa primeira educación formal na Aberdeen Grammar School desde xaneiro de 1795 ata que regresou a Inglaterra aos 10 anos. En agosto de 1799 ingresou na escola do Dr. William Glennie, en Dulwich.. Baixo o coidado do Dr. Bailey, animóuselle a facer exercicio con moderación, pero non puido evitar os episodios "violentos" de actividade nun intento por compensar o seu pé deforme. A súa nai interferiu nos seus estudos, retirándoo a miúdo da escola, o que posiblemente contribuíu á súa falta de autodisciplina e ao seu descoido dos estudos clásicos.

Byron foi enviado á Harrow School en 1801, e permaneceu alí ata xullo de 1805. Aínda que era un estudante mediocre e un xogador de crícket pouco hábil, representou, en 1805, á escola durante o primeiro partido de crícket entre Eton v Harrow no Lord's Cricket Ground (máis coñecido como Lord's).

A súa falta de moderación non se limitaba ao exercicio físico. Byron namorouse de Mary Chaworth, a quen coñeceu na escola, e ela foi a razón pola que el negouse a regresar a Harrow en setembro de 1803. A súa nai escribiu: "Non ten ningunha indisposición que eu saiba, salvo o amor, un amor desesperado, a peor de todas as enfermidades na miña opinión. En resumo, o mozo está locamente namorado da señorita Chaworth". Nas memorias posteriores de Byron, "Mary Chaworth é retratada como o primeiro obxecto dos seus sentimentos sexuais adultos".

miniatura|John FitzGibbon, 2º conde de Clare Byron finalmente regresou en xaneiro de 1804. a un período máis tranquilo, no que se formou un círculo de vínculos emocionais con outros mozos de Harrow, que el lembraba con gran viveza: "As miñas amizades escolares eran (porque eu sempre fun violento)". A máis duradeira delas foi con John FitzGibbon, segundo conde de Clare, catro anos menor que Byron, a quen volvería atopar inesperadamente moitos anos despois, en 1821, en Italia. Os seus nostálxicos poemas sobre as súas amizades en Harrow, Childish Recollections (1806), expresan unha premonitoria "conciencia das diferenzas sexuais que, ao final, poderían facer que Inglaterra lle resultase insoportable". As cartas a Byron que se conservan no arquivo da editorial John Murray conteñen probas dunha relación romántica (aínda que efémera) cun mozo máis novo de Harrow, John Thomas Claridge, que até entón pasara desapercibida.

No outono seguinte ingresou no Trinity College (Cambridge),Byron [post Noel, George (Gordon), Baron Byron. onde coñeceu e estableceu unha estreita amizade co mozo John Edleston. Sobre o seu "protexido" escribiu: "Foi o meu compañeiro case constante desde outubro de 1805, cando ingresei no Trinity College. A súa voz foi o primeiro que me chamou a atención, o seu aspecto consolidouna e os seus modos uníronme a el para sempre". Tras a morte de Edleston, Byron compuxo Thyrza, unha serie de elexías, na súa memoria..

En anos posteriores, describiu a relación como "un amor e unha paixón violenta, aínda que ». Con todo, esta afirmación debe interpretarse no contexto do endurecemento da actitude pública cara á homosexualidade en Inglaterra e as sancións, incluído o aforcamento público, impostas aos delincuentes condenados ou mesmo sospeitosos. Doutra banda, é moi posible que a relación fose "pura", por respecto á inocencia de Edleston, en contraste coas relacións probablemente máis abertamente sexuais que se vivían na escola Harrow. O poema «The Cornelian» foi escrito sobre a cornalina que Byron recibira de Edleston.

Byron pasou tres anos no Trinity College, dedicándose ao boxeo, a equitación, o xogo e as aventuras sexuais. Mentres estudaba na Universidade de Cambridge, estableceu amizades para toda a vida con homes como John Cam Hobhouse, quen o iniciou no Cambridge Whig Club, que apoiaba a política liberal, e Francis Hodgson, membro do King's College, con quen mantivo correspondencia sobre temas literarios e doutro tipo até o final da súa vida.

Carreira

Inicios da carreira miniatura|Burgage Manor a casa de Byron, en Southwell, Nottinghamshire