José Luis Evangelista, tamén coñecido como Pepe Evangelista, é un compositor, guitarrista e director de jazz. Toca habitualmente co seu trío, cuarteto e quinteto. Tocou en grupos como Filloa Express, entre outros. Na súa faceta compositiva cabe destacar non só a jazzística senón a clásica, con obras de difusión internacional como "O peregrino enamorado" e as "Variacións sobre un tema de Charlie Parker". En 1992 creou a Big Band do Conservatorio da Coruña que acompañou a George Coleman e coa que realizou un traballo discográfico no 2005. Na actualidade traballa en diferentes proxectos Jazzísticos, entre os que destaca o Pepe Evangelista Cuarteto.
Pepe Evangelista Cuarteto Kin García (contrabaixo) Miguel Cabana (batería) Roberto Somoza (saxo)
Evangelista, Jose Luis