O parque empresarial de Vimianzo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada en Vimianzo, a escasa distancia da capital municipal, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico (SEA).
Historia O de Vimianzo foi un dos proxectos desenvolvidos ao amparo do Plan Galicia, as obras de construción comezaron en 2007 e concluíron en 2008 tras un investimento de 5,2 millóns de euros; daquela, os medios de comunicación denunciaron que os prezos do metro cadrado á venda neste polígono eran dos máis altos da provincia da Coruña.
En 2014 chegaron as primeiras rebaixas no prezo do solo tanto para este como para o parque empresarial da Laracha, tamén desenvolvido por SEA. Por fin, no ano 2015, instalarían no polígono a primeira empresa: unha distribuidora de froitas e produtos da horta. Ese mesmo ano, o Concello presidido por Manuel Antelo, pretendía pór en marcha un pequeno parque eólico dentro do ámbito do parque.
En 2016 saíu a concurso a construción dun punto de recollida selectiva de lixo promovido polo Concello por valor 123.244 €. En 2017, grazas a un acordo entre a Xunta de Galicia e a empresa de telecomunicacións R, anunciouse a instalación de banda larga ultrarrápida para ese mesmo ano, no que tamén se puxo en servizo o punto limpo longamente anunciado.
Características Superficie bruta: 335.195 m2 Superficie neta: 169.236 m2 Edificabilidade industrial: 65.590 m2 Edificabilidade terciario-mixto: 124.200 m2 Edificabilidade total: 189.790 m2
Accesos AC-552: entre os P.K. 65 e 66.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na web de Suelo Empresarial del Atlántico Ficha na web do IGAPE
Vimianzo Categoría:Vimianzo Categoría:Economía de Galicia sen imaxes Categoría:Vimianzo sen imaxes