O Grupo Comar é un conglomerado galego de máis de 60 empresas, coñecido principalmente por se dedicar aos xogos de azar. Foi fundado en 1984 por José Collazo Mato e ten a súa sede na cidade da Coruña.
Historia e descrición O grupo está formado por máis de 60 empresas, con 29 casinos en España, República Checa e República Dominicana. En 2010 explotaba unhas 6.165 máquinas recreativas e de azar en Galiza, Asturias, Castela e León e Madrid.
Posúe seis salóns de bingo repartidos entre as cidades da Coruña, Ferrol, Vigo e Salamanca.
Comar ten ademais intereses no sector turístico, hoteleiro, aparcadoiros, empresas de seguridade privada e promotoras inmobiliarias. Na Coruña a Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico, que forma parte do grupo, xestiona establecementos emblemáticos como o Casino Atlántico, o Palacio da Ópera, o centro comercial Los Cantones Village ou o PALEXCO.
Outra compañía do grupo, Promotora de Viviendas Urbanas, foi accionista de Invest Cos, sociedade que promoveu a construción do centro comercial Marineda City. miniatura|Fachada de Palexco miniatura|O Palacio da Ópera e o seu aparcadoiro son xestionados polo Grupo Comar.
Aparcadoiros Cantóns Maestranza Palacio da Ópera PALEXCO Praza Irmáns García Naveira (Betanzos)
Hoteis Hotel Casino del Tormes (Salamanca) Hotel President (Praga)
Casinos do Grupo Comar en España Atlántico (A Coruña) Baía de Cádiz Conde Luna (León) Casino de Zaragoza Gran Casino de Aranjuez e Casino Gran Vía de Madrid (sucursal). Gran Casino de Melilla. Gran Casino Sardinero (Santander) Puente del Piles (Asturias) Ribera del Tormes (Salamanca) En 2012, ante unha difícil situación financeira, vendeu o Casino Marítimo de Menorca.
Negocios Codere Apuestas Carbugal
Notas
Véxase tamén Web oficial do grupo Comar
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Economía de Galicia