A endoscopia é unha técnica diagnóstica da medicina, que consiste na introdución dunha cámara ou lente dentro dun tubo ou endoscopio a través dun orificio natural, unha incisión cirúrxica ou unha lesión para a visualización dun órgano oco ou cavidade corporal.

O endoscopio é un instrumento (produto sanitario) en forma de tubo, que pode ser ríxido ou semiflexible, e que contén unha luz e unha óptica que permiten a visualización do interior dun órgano oco ou dunha cavidade corporal.

O estudo de endoscopia divídese a grandes liñas en catro grupos: Panendoscopia ou endoscopia alta. Endoscopia baixa. Esofago-duodenoscopia ou revisión completa do tubo dixestivo. Colanxiopancreatografía endoscópica ou CPRE. A endoscopia ademais de ser un procedemento diagnóstico minimamente invasivo, tamén pode realizar manobras terapéuticas como unha colecistectomía laparoscópica ou a toma de biopsias.miniatura|300x300px|Laparoscopia.|centro Notas