miniatura|Medalla de ouro As medallas xeralmente son discos metálicos, similares en aparencia ás moedas, pero usualmente con maior diámetro e un relevo máis pronunciado. Porén, existen múltiples excepcións tanto na forma como no material.

Etimoloxía e orixe A palabra "medalla" ten a súa orixe no termo latino Metallum. Historicamente, as medallas eran as pezas que, segundo a opinión máis aceptada, servían como moeda nos seus respectivos tempos. Isto é certo, agás polos Medallóns que en Italia e noutras partes, probabelmente non eran moedas. En cambio, eran obxectos que se lanzaban ao pobo durante as aclamacións dos reis ou que se fabricaban para conmemorar grandes eventos e se distribuían como agasallos.Tratado general numismático, Thomas Andres De Gússeme, 1775.

Tipos As medallas son emitidas con diversos fins, e así existen:

As emitidas con propósitos puramente artísticos (afíns usualmente ás plaquetas).As "plaquetas" son pequenas placas, pezas planas e delgadas, normalmente de metal, usadas para propósitos artísticos ou conmemorativos, e por iso ás veces non moi diferenciadas das medallas. A diferenza das medallas tradicionais, as plaquetas non son tan comúns e distínguense polo seu estilo e forma menos convencionais. As conmemorativas ou de recordo. As que outorga unha organización por servizos distinguidos nun campo específico (como o premio Nobel). As que se outorgan como premio nun evento (como as medallas olímpicas ou as medallas de ouro, medallas de prata e medallas de bronce entregadas en competicións deportivas ou artísticas; tamén se entregaron nas competicións artísticas nos Xogos Olímpicos). As que outorga un goberno por servizos ao país ou estado, que se ostentan prendidas ao peito ou colgadas ao pescozo; estritamente falando, isto refírese só a medallas de aparencia similar a unha moeda, pero informalmente esténdese tamén á condecoración militar ou institucional en xeral, como as Medallas de Galicia. As de culto relixioso, usualmente cun aro que permite colgalas.

Forma e material Aínda que a forma é xeralmente redonda, con todo non faltan medallas ovais, poligonais, cadradas... A materia de que se compoñen é o ouro, a prata, o chumbo, o estaño, o platino, o níquel e o cobre pero tamén as hai de cristal, cerámica, arxila cocida etc. En casos raros e especialmente durante o asedio a unha praza, fabricábanse moedas de coiro, papel ou ferro (obsidionais).

Estudo O estudo das medallas, a súa autenticidade, orixe, clasificación etc., constitúe o obxecto da medallística, unha rama da numismática. No Renacemento chamábanse "medallas" a todas aquelas moedas da antigüidade que xa non estaban en circulación e por tanto non tiñan valor de cambio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Federación Internacional da Medalla de Arte Historia da medalla italiana Historia da medalla francesa Historia da moeda do Tíbet

Bibliografía

Babelon, Ernest. "Les Origines de la médaille en France". Revue de l'art ancien et moderne, 1905. Páxinas 161-179, 277-294.

Ligazóns externas Medallas da Casa de Moeda de París A Arte da Medalla

Categoría:Artes decorativas Categoría:Ordes, condecoracións e medallas Categoría:Numismática Categoría:Terminoloxía deportiva