Ramón Seoane Suárez, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) cara a 1916 e finado na Coruña o 20 de agosto de 1976, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Albanel domiciliado na Corveira, formaba parte do Comité Provincial da Coruña do Partido Comunista de España con Alejandro Gama Casalderrey e Rogelio González Suárez, no que era secretario sindical. Tamén estaba integrando no Radio que funcionaba en Vilaboa con Antonio Naya Regueira, Arcadio Carro Gestal, Darío Caramés Bermúdez e José e Francisco Andrés Pol Loriga. Foi detido pola Garda Civil a principios de 1947, ocupáronlle propaganda, selos de cotización do partido, e varias panfletos coa letra dunha canción guerrilleira que comezaba:
Foi xulgado en consello de guerra na Coruña o 30 de xullo de 1947, xunto con outras 55 persoas, todas acusadas de pertencer ao PCE e de colaborar coa guerrilla. Aínda que o fiscal pediu pena de morte, foi finalmente condenado a cadea perpetua."Consejo de guerra sumarísimo contra cincuenta y seis paisanos", La Voz de Galicia, 31-7-1947, p. 4 Finou na Coruña o 20 de agosto de 1976.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-8-1976, p. 36.
Vida persoal
Foi pai de María del Carmen, Ramón, Elena, Carlos e Genoveva Seoane Fernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes