Ernesto Padín Lorenzo, nado en Redondela o 13 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 19 de abril de 1970, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Procurador, foi secretario particular do deputado a Cortes por Redondela Francisco de Federico Martínez e xefe de administración do Ministerio de Facenda en Madrid. Foi redactor do diario Mundo e da revista Semana Financiera e colaborou en El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), El Pueblo, La Revista Popular e El Soplete. Publicou en 1932 Amores e dolores. Poesías gallegas con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Tiña preparado outro poemario en castelán, Flores y abrojos, do que se publicaron algúns poemas en periódicos. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

Obras Amores e dolores. Poesías gallegas, 1932.

Vida persoal Casou con María Muñoz de la Espada Moya.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Literatura e Xornalismo.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Xornalistas de Redondela

Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1970