thumbnail|Sede empresarial de SUSE in Nüremberg SUSE é unha multinacional alemá adicada á venda de produtos empresariais baseados en Linux e desenvolvemento de código aberto e libre. Fundouse en 1992 e foi a primeira compañía en distribuír Linux para o sector empresarial. SUSE é a principal patrocinadora do "proxecto openSUSE", que desenvolve a distribución openSUSE. A compañía é unha empresa subsidiaria da Micro Focus International.

Produtos

SUSE desenvolve a plataforma "SUSE Linux Enterprise" para emprego en servidores e escritorio. O primeiro lanzamento desta edición comercial foi a plataforma "SUSE Linux Enterprise 10" en 2006.

Servidor A principal distribución para servidores Linux de SUSE é SUSE Linux Enterprise Server. Está deseñada para grandes organizacións e para ser empregada en ambientes físicos, virtualizados ou con acceso remoto (na "nube"). Todas as versións están preparadas para diferentes arquitecturas de procesadores, como Intel x86, ARM, AMD x86-64, IBM Power, IBM S/390 e a zSeries, ou Intel Itanium. A web de SUSE ten versións de proba das versións SUSE Linux Enterprise Server 11 e 12.

Produtos baseados no servidor Servidor SUSE Linux Enterprise para aplicacións SAP Applications Punto de servizo SUSE Linux Enterprise, deseñado para sistemas operativos da industria da distribución e que inclúe versións de Linux específicas de puntos de puntos de acceso e servidores en tenda. Computación de alto rendemento con SUSE Linux Enterprise, , infraestrutura para supercomputadoras. Extensión para clusters de alta capacidade con SUSE Linux Enterprise High Availability Extension Sistema operacional en tempo real con SUSE Linux Enterprise

Edicións especiais do servidor SUSE Linux Enterprise Server (SLES) ten varias edicións derivadas do produto de servidor e creadas para contextos específicos de colaboradores. SLES para VMware , que se incluía en VMware vSphere (agora xa non fóra do mercado) SLES para Amazon EC2 SLES para Microsoft Azure SLES para Raspberry Pi

Edicións para o escritorio No grupo de edicións para o escritorio, a súa principal distribución é SUSE Linux Enterprise Desktop. É a sucesora de "Novell Linux Desktop".

SUSE ten dispoñible engadidos para SUSE Linux Enterprise Server que ofrecen capacidades da versión de escritorio.

A suite ofimática LibreOffice distribúea SUSE e comercialízaa como parte de SUSE.

Xestión e computación na nube SUSE ten varios produtos para a xestións de software e servizos na nube: "SUSE OpenStack Cloud", unha plataforma de computación automatizada na nube baseada en OpenStack. Serve para implementar e xestionar "infraestrutura como servizos" en espazos privados en liña. "SUSE Manager", unha ferramenta de xestión de servidores Linux baseada en Spacewalk. Serve para o empaquetado, parcheado, provisión e monitorización de servidores. "SUSE Enterprise Storage", unha ferramenta baseada de Ceph para o emprego eficiente e escalable do espazo en servidores e os seus discos duros. "SUSE Studio", é un servido web gratuíto para construír imaxes que conteñen sistemas operativos coa súa configuración, aplicacións e datos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Proxectos de desenvolvemento de SUSE en Github

Categoría:Empresas de software Categoría:Empresas de Alemaña