miniatura|Imaxe orixinal da Virxe de Fátima.
Fátima (en , Fāṭima) é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán e co portugués. A súa orixe é o árabe "fatama" ‘destetar’, significa ‘a que deixou de mamar’, e de aí, ‘doncela’. O nome foi de sempre moi común nas mulleres musulmás, xa que Fátima era o nome da filla do profeta Mahoma. Porén, as mulleres cristiás de España, Portugal, ou o Brasil e outros países castelanfalantes e lusofalantes tamén levan dende o século XX este nome pola Virxe de Fátima. A pronuncia persa é Fatemé, transliterado no sistema UniPers como Fatemeh.
En xaneiro de 2023 existían 2 605 mulleres en Galicia co nome Fátima, cunha media de idade de 36,1 anos.Fátima na Web do Instituto Galego de Estatística
Fátima noutras linguas Alemán: Fatima Aragonés: FatimaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Fátima Catalán: Fàtima Éuscaro: Fatima Francés: Fatima Inglés: Fatima Italiano: Fatima Portugués: Fátima
Festa da Virxe de Fátima 13 de maio: Nosa Señora de Fátima.
Personaxes soados Galegas Fátima Abal, política galega do PSdeG-PSOE. Fátima Iglesias, pedagoga e política galega. Fátima Balsa, enfermeira e política galega. Fátima Monteagudo, política galega do PSdeG-PSOE. Fátima Peón Torres, escritora e directora de teatro galega.
Outras Fatima az-Zahra, filla do profeta Mahoma. Fátima Baeza, actriz española. Fátima Báñez, política, economista e xurista española. Fátima Bernardes, xornalista brasileira. Fátima Blázquez, exciclista profesional española. Fátima bint Asade, tía de Mahoma. Fátima bint Hizam ao-Qilabiyya, nai de Abbas ibn Ali. Fàtima Bosch i Tubert, doutora en farmacia catalá. Fátima de Madrid, astrónoma andalusí do século X. Fátima Mereles, botánica, profesora, curadora, e exploradora paraguaia. Fátima Miranda, cantante, compositora e investigadora española. Fatima Moreira de Melo, xogadora de hockey sobre herba e modelo holandesa. Fátima Pelaes, socióloga, e política brasileira. Fatima Robinson, directora de vídeos musicais e coreógrafa estadounidense. Fátima Rodríguez, escritora, tradutora e profesora española. Fátima Torre, actriz mexicana. Fatemé Yavadí, política conservadora iraniana e exvicepresidente do goberno de Irán (2005-2009).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe árabe Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos portugueses