Budelli é unha illa no arquipélago da Maddalena (italiano: Arcipelago di La Maddalena), cerca do estreito de Bonifacio, no norte de Sardeña, Italia. Forma parte do Parque Nacional La Maddalena.
Budelli atópase a varios centos de metros ao sur das illas Razzoli e Santa María. Ten unha superficie de 1´6 km² e un perímetro costeiro total de 12´3 km. O punto máis alto é Monte Budello, con 87 m.
Budelli é considerada unha das illas máis fermosas do mar Mediterráneo. É especialmente coñecida pola súa "Spiaggia Rosa" (praia rosa), no sueste da illa, que debe a súa cor típica a fragmentos microscópicos de corais e cunchas como a Miriapora truncata e Miniacina miniacea. Budelli é unha das catro illas deshabitadas no arquipélago da Maddalena: as outras son Caprera, Spargi e Razzoli.
A illa foi comprada en outubro de 2013 por 2´94 millóns de euros, trala creba do anterior propietario. O novo comprador era un neozelandés, que intentou protexer o ecosistema na illa. Con todo, a Corte Suprema italiana aprobou leis para iniciar o proceso de recuperación da illa, que agora é administrada e protexida pola xunta do parque nacional.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arquipélago da Magdalena
Ligazóns externas Información do ministerio de Medio Ambiente sobre o Parque Nacional Parque Nacional do arquipélago da Maddalena Lexislación reguladora do Parque Nacional la Maddalena
Categoría:Illas de Italia Categoría:Illas do Mediterráneo