Daniel Fernández Varela, nado en Mencide (Carteire, Palas de Rei) en 1894 e finado na Coruña o 24 de decembro de 1958, foi un telegrafista e sindicalista galego.
Traxectoria Ingresou en Telégrafos en 1923 e foi destinado en Madrid. En 1929 trasladárono a Corcubión como celador e asentouse en Cee. Coa proclamación da República, foi elixido presidente do sindicato de Oficios Varios de Cee vinculado á UGT, e foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Cee. En xullo de 1935 foi denunciado anonimamente por supostas actividades políticas xunto cos seus compañeiros de Telégrafos de Corcubión, Arturo Romaní Mariño e Antonio Barcala Alonso. Despois trasladouse a Santiago de Compostela e en abril de 1936 a CoruñaEl Compostelano, 1-4-1936, p. 2..
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en agosto e depurado do seu posto de traballo en Telégrafos. Trasladouse a Mencide para dedicarse á agricultura. Nos anos corenta foi acusado de colaborar coa guerrilla de Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" e intentaron detelo en febreiro de 1946; Daniel logrou fuxir e permaneceu agochado case tres meses en distintos domicilios de Carteire. Despois trasladouse a Ligonde onde permaneceu ata agosto. Acompañado dun familiar, trasladouse a Coruña cunha identidade falsa (Manuel Varela Vila) e asentouse na cidade. Vendeu as terras da herdanza materna e abriu unha tenda na rúa Francisco Catoira. En 1957 acolleuse ao decreto para solicitar a rehabilitación e pedir a readmisión en Telégrafos. A solicitude foi denegada “por haber sido un destacado socialista”.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes