Daşoguz é unha cidade en Turkmenistán, capital da provincia de Daşoguz. En 2009 tiña 227.184 habitantes. Sitúase a 88 metros sobre o nivel do mar.
Historia
Os rusos fundaron o asentamento como un forte a principios do século XIX. A cidade actual ten o estilo arquitectónico soviético e actúa como centro administrativo local e de transportes. Da cidade parten as visitas a Konya-Urgench, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Categoría:Cidades de Turkmenistán