O hakka é unha lingua chinesa falada polo pobo hakka no sur da China, Taiwán, Hong Kong e nas áreas da diáspora de Asia oriental e en todo o mundo. Por mor do seu uso en lugares illados onde a comunicación está limitada, o hakka desenvolveu numerosas variedades e dialectos, falados en diferentes provincias, como Guangdong, Guangxi, Hainan, Fujian, Sichuan, Hunan, Jiangxi e Guizhou, así como en Hong Kong, Taiwán, Singapur, Malaisia e Indonesia. O hakka non é mutuamente inteilixible co cantonés, co wu, co min nam, co mandarín ou outras pólas do chinés, e dentro dela mesma, contén algunhas variedades non intelixibles. Está estreitamente relacionado co gan, e ás veces é clasificado como unha variedade de gan.

En Taiwán, onde o hakka é a lingua nativa dunha significativa minoría de residentes, existe un centro de estudo e preservación da lingua.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en hakka Lista de linguas por número de falantes Bibliografía

Categoría:Lingua chinesa Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Singapur Categoría:Linguas de Taiwán