Gedeón foi unha revista satírica de carácter conservador publicada na cidade española de Madrid entre 1895 e 1912.
Traxectoria Na súa creación participaron 3 colaboradores da revista Blanco y Negro: Luis Royo Villanueva, Francisco Navarro Ledesma escritor e importante cervantista que foi o responsable da súa liña ideolóxica e José Roure Mezquiriz, que foi o seu primeiro director.
O primeiro número da revista apareceu o 14 de novembro de 1895 e mantivo unha periodicidade semanal até o 13 de outubro de 1912 en que rematou a súa publicación. Foi clasificada dentro do seu xénero como de forte «intencionalidade política».
Os principais obxectivos da sátira e crítica política da publicación foron o Partido Liberal e o Partido Socialista Obreiro Español. Dende novembro de 1898 e até xaneiro de 1899, a revista foi suspendida por publicar unha ilustración caricaturizando a distintos membros do Partido Liberal, aínda así seguiría emitindo números baixo o título de «Calínez».
Nela colaboraron debuxantes como Pedro Antonio Villahermosa «Sileno», Joaquín Moya, Manuel Tovar, Francesco Sancha Lengo, Beira, Joaquín Xaudaró ou Ramón López Montenegro. En 1904 foi adquirida por Rodrigo de Figueroa e Torres e finalmente, en 1909, por Torcuato Luca de Tena. Dende ese momento vencellada a empresa deste, Prensa Española, e desaparecendo como publicación independente en 1912 posto que a incorporou a unha nova cabeceira chamada Ecos, que só durou cinco meses polo que,finalmente, foi incorporada como suplemento dominical do diario ABC.
O modelo de prensa satírica centrada na política terá continuidade na revista El Mentidero (1913-1921).
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Caparrós Masegosa, Lola; Gamonal Torres, Miguel Ángel (2014). ««Gedeón» en las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes (1897-1912)». En Universidad de Granada.Cuadernos de arte de la Universidad de Granada 41. González Lozano, Cristina (outubro de 2012). «De la caricatura para la divulgación constitucional a su utilización para la crítica política. Gedeón 1898». Revista Atticus (19): 28-36. . Llera Ruiz, José Antonio (2003). «Una historia abreviada de la prensa satírica en España: desde "El Duende Crítico de Madrid" hasta "Gedeón"». Estudios sobre el mensaje periodístico (9): 203-214. . Palacios Remondo, Jesús (1975). «Ramón López Montenegro y de Frías Salazar». Berceo (Instituto de Estudios Riojanos) (88): 45-70. .
Categoría:Revistas españolas do século XIX Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas humorísticas