Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, pasou polos institutos do Porriño, Bande, Chantada, Ponteceso, Muros, o Aller Ulloa de Lalín, O Carballiño, Silleda e finalmente o IES Laxeiro de Lalín no que se xubilou ao remate de 2021.

Publicacións Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza, tamén en Nós Diario.

Participou con comunicacións nos Congresos: O exilio galego. Santiago de Compostela, 2001. I Congreso da Memoria A represión franquista en Galicia. Narón, 2003.

É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela. Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).

Outras actividades miniatura|De esquerda a dereita: Anxo González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, a carón do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela en 2018. Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.

Encabezou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro. Posteriormente integrouse no BNG. Pasou despois a militar na FPG e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 foi candidato desta formación na cuarta posición pola provincia de Pontevedra.

No 2015 foi elixido terceiro candidato da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia.

É editor habitual na Galipedia desde 2007.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lalín Ligazóns externas Historias de Deza, blog de Manuel Igrexas Publicacións de Manuel Igrexas na Biblioteca da USC

Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Concelleiros de Galicia por candidaturas locais Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Wikimedistas