Jesús Veiga Fervenza, nado en Meira (Moaña) o 11 de xaneiro de 1908 e finado en San Antonio (Chile) o 18 de decembro de 1989, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Na Segunda República foi o organizador do sindicato Solidaridad Marinera do porto de Moaña, afín á CNT, e colaborou en Solidaridad Obrera co pseudónimo El Duende Pescador. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Nos anos corenta estaba embarcado nas parellas de Bouzas e participou con Manuel Rúa na reorganización clandestina da CNT cos mariñeiros de Cangas e Moaña. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 156/47, xunto con José Gómez López, Juan Silveira Correa e Jesús Rodríguez.El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
En 1947 pasou a Francia e mantivo contactos co interior, especialmente con Desiderio Comesaña Prado. En 1950 emigrou coa familia a Chile. Pasou uns meses en Antofagasta traballando nunha conserveira e despois marchou a Talcahuano, dedicándose a pesca. A mediados dos anos cincuenta instalouse en San Antonio. Vida persoal Casou con Amelia Martínez Pérez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Chile Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes