Xosé VII Pedro al-Tian (en , Yuwsuf Butrus al-Tyan), nado en Beirut (Líbano) o 15 de marzo de 1760 e finado en Qanubin o 20 de febreiro de 1820, foi o 66º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1796 até a súa renuncia o 19 de novembro de 1808, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria Naceu en Beirut nunha importante familia maronita. Aínda novo, foi enviado a estudar ao Colexio Maronita de Roma, onde foi ordenado sacerdote en 1784. En 1786 foi nomeado bispo de Damasco, recibindo a consagración episcopal o 6 de agosto de mans do patriarca Xosé VI Pedro Istifan, e en 1788 foi nomeado vigairo patriarcal. O 28 de abril de 1796 foi elixido patriarca de Antioquía e de todo Levante.
Categoría:Nados en 1760 Categoría:Nados en Beirut Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos do século XVIII Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1820