María de la Paz Vilas Dono, máis coñecida coma Mari Paz Vilas, nada o 1 de febreiro de 1988 en Vilagarcía de Arousa é unha futbolista galega que xoga na demarcación de dianteira. O seu actual equipo é o Valencia CF.

Traxectoria Comezou a xogar en categorías inferiores no Arosa, pasando en 2002 ao Atlético Arousana. A súa calidade fixo que se interesaran nela equipos coma o Atlético de Madrid ou o Levante UD, fichando por este último no ano 2006.

No equipo levantinista debutou na Superliga e gañou a Copa da Raíña (anotando un dobrete na final) o primeiro ano, na segunda e última tempada no club o equipo gañou o torneo ligueiro. Ese verán fichou polo FC Barcelona, equipo co que gañou outra vez a Copa da Raíña e a Copa de Cataluña en tres ocasión.

En 2011 fichou polo RCD Espanyol, equipo no que repetiu experiencia na Copa da Raíña levantandose co título, anotando na final e sendo nomeada mellor xogadora do torneo.

En 2013 cambiou de equipo, fichando polo Valencia CF.

Palmarés TítuloClubLocalizaciónAnoCopa da RaíñaLevante UD2007Liga Española2008Copa da RaíñaFC Barcelona2011RCD Espanyol2012Copa CataluñaF. C. Barcelona200920102011R. C. D. Espanyol2013

Recoñecementos

esquerda|miniatura|Placa no campo de Bamio.

Dende xullo de 2016 o campo municipal de Bamio, en Vilagarcía, leva o seu nome.

En decembro de 2016 recibiu o galardón á mellor futbolista do ano e ao mellor gol do ano na Gala do Fútbol Feminino Galego

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina do Valencia CF Perfil na páxina aupaathletic.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Futbolistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de España Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de Galicia