O bugi é unha lingua malaio-polinesia falada por máis de 5 millóns de persoas na parte sur de Célebes, en Indonesia. Non se conservan escritos antigos, só transcricións a partir da Idade Moderna no alfabeto lontara. No presente, adoita escribirse no alfabeto latino, por mor do alto grao de aculturación dos seus falantes.

O bugi é unha lingua que ten un sistema de aliñamento de split. Iso quere dicir que, nalgúns tipos de oracións, emprega un sistema ergativo/absolutivo, mentres que noutras oracións, o sistema é nominativo/acusativo. O sistema ergativo/absolutivo emprégase con oracións con orde verbo-obxecto-suxeito, mentres que o nominativo/acusativo existe en oracións con orde suxeito-verbo-obxecto. Ademais, as oracións con pronomes enclíticos empregan todas o sistema ergativo/absolutivo.

O bugi emprega reduplicacións como diminutivo (manu, 'galiña'; manu-manu, 'pardal'). A immensa maioría de verbas son paroxítonas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en bugi Ligazóns externas Dialecto Soppeng do Bugi Omniglo – escrita Lontara Bugi no Ethnologue

Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Indonesia Categoría:Linguas de Malaisia