Artur Bordalo, máis coñecido polo alcume artístico Bordalo II ou Bordalo Segundo, nado en Lisboa en 1987, é un grafiteiro e artista plástico portugués. É neto do tamén pintor Artur Real Chaves Bordalo da Silva, coñecido como Bordalo.

Traxectoria Estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa.

A súa arte baséase no emprego de residuos urbanos, guiado polo aforismo «o lixo dun pode ser o tesouro doutro». Tomando como punto de partida o graffiti, empregando pintura en spray, usa obxectos abandonados, desperdicios e refugallos procedentes de obras, ruínas de edificios, coches e fábricas, entre outros, mesturándoas e re-ensamblándoas para crear un novo obxecto artístico. Pretende deste xeito denunciar unha sociedade «extremadamente consumista, materialista e avariciosa» e promover a «sustentabilidade, conciencia ecolóxica e social». Como consecuencia, os seus graffitis son tridimensionais, superando en moitas ocasións os límites do plano do lenzo, converténdose en baixorrelevos e altorrelevos.

Características da súa obra son o emprego de cores rechamantes. Na temática, gran parte das súas instalacións representan animais (mapaches, raposos, cervos, peixes, bufos, cans, garzas, periquitos, ourizos, flamengos, saltóns, bolboretas, papagaios, lagartas, gatos, suricatas, picapeixes, abellas etc.), que adoitan ser dispostas en diferentes espazos e superficies (habitualmente paredes e muros). Esta serie chámaa "Big Trash Animals", e dela di que «é unha serie en que eu uso lixo e desperdicio urbano para construír imaxes de animais, e a idea por detrás diso é construír imaxes da vítimas con aquilo que os destrúe». Outra boa parte da súa obra emprega as vías férreas como estrutura de fondo para elaborar os seus graffitis, neste caso habitualmente bidimensionais, nunha serie chamada "Railroad Tracks". Outras series temáticas de Bordalo II son "World Gone Crazy" e "Provocative Street Art".

As súas obras poden ser encontradas en Lisboa, Covilhã, Estarreja, Águeda (Portugal), Roma, Turín, Este (Italia), París (Francia) e Santiago de Chile"Plastic Lama" en Santiago de Chile, publicado en Facebook o 2-11-2018..

Exposicións Individuais título ano galería / evento lugar Tornar o banal original 2011 Montana Shop & Gallery Lisboa System Boys 2013 Outsiders Factory Lausana World Gone Crazy 2014 Arte Periférica Lisboa Pânico, drama, terror 2015 Arte Periférica Lisboa

Colectivas evento ano lugar Walk&Talk Street Art Festival 2013 Ponta Delgada Wool Urban Art Festival 2014 Covilhã Smart Travel Festival 2014 Braganza O Bairro i o Mundo Festival 2014 Loures Armazéns do Chiado Art Meeting 2014 Lisboa Elementi Sotterranei Street Art Festival 2014 Gemona del Friuli Montana Shop & Gallery "Mar Motto" 2014 Lisboa Life is Beautiful Festival 2015 Las Vegas Nuart Festival 2015 Stavanger From Trash to Art 2015 Bakú Graffiti Street Underground 2015 Londres Urban Forms Festival 2015 Łódź Ocean Climax Festival 2015 Berlín Agitágueda 2015 Águeda Observaria 2015 Estarreja

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do artista

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Pintores do século XXI Categoría:Pintores de Portugal Categoría:Grafiteiros