miniatura|Retrato de William Laud William Laud, nado o 7 de outubro de 1573 en Reading, Berkshire, e finado o 10 de xaneiro de 1645, foi un líder relixioso británico, arcebispo de Canterbury (1633-1645). Un dos teólogos principais da igrexa do rei Carlos I, opúxose as formas radicais do puritanismo.Lee, sidney. "Laud, William". En Dictionary of National Biography. Londres. Smith, Elder & Co. 1892. (En inglés)

Traxectoria William Laud, fillo dun comerciante de tecidos acomodado, foi bautizado na Igrexa de Saint Laurence, en Reading. Educouse na Reading School e, a través dunha bolsa de estudos, no Saint John's College, en Oxford, onde acadou o título de bacharel de artes en 1594 e o mestrado en 1598. O 9 de maio de 1601 foi elixido membro sénior e converteuse en inspector da Universidade de Oxford en 1603.Philips, Daphne. The History of Reading. Countryside Books. 1980. Páxina 47. [ISBN 0-905392-07-8] (En inglés)

Paralelamente, Laud foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1601, e de camiño gañou reputación de ser partidario das tendencias arminianas e  da alta igrexa, afastado do puritanismo e intelectualmente brillante, nun tempo en que a ideoloxía calvinista era forte na Igrexa de Inglaterra. Ademais disto, as súas afirmacións sobre a sucesión apostólica resultaban impopulares nalgúns ámbitos.

Xa como arcebispo de Canterbury e desde o seu posto na universidade, William Laud empeñouse en reorganizar a Oxford University Press para lle dar un verdadeiro status de empresa editorial, polo que lle pediu ao rei Carlos I as axudas públicas necesarias para poder competir cos libreiros e impresores aos que o rei lles concedera privilexios de edición. A raíz disto, en 1634 esa casa editorial pasou a ser considerada como unha das dúas privileged presses, xunto con Cambridge University Press.

En 1645, durante a Primeira Revolución inglesa, despois de intentar reformar a Igrexa, Laud foi executado por orde do Parlamento, sen ter conseguido a clemencia real.Milton, Anthony. "Laud, William (1573-1645) ". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 2009. (En inglés)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Charles Carlton, Archbishop William Laud. Nova York. Routledge & Kegan Paul, 1987. (En inglés) W. E. Collins (ed.). Archbishop Laud commemoration, 1895. (En inglés) Conrad Russell. Parliaments and English Politics. 1621-1629. Oxford. Clarendon Press, 1979. (En inglés) Conrad Russell. The Fall of the British Monarchies. 1637-1642. Oxford. Clarendon Press, 1991. (En inglés) Hugh Trevor-Roper. Archbishop Laud, 1573–1645. Phoenix, 2000. (En inglés)

Ligazóns externas "William Laud". En Royal Berkshire History. (En inglés) Retratos de William Laud. National Portrait Gallery. (En inglés)

Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Guerra Civil Inglesa Categoría:Finados en 1645 Categoría:Nados en 1573 Categoría:Historia moderna de Inglaterra