miniatura|220px|dereita|Jubilee e Munin, dous dos corvos da Torre.«A Guide to the Tower Ravens». Os corvos da Torre de Londres son un grupo de, polo menos, seis corvos que viven na Torre de Londres.«Learn about the ravens ». Tradicionalmente, crese que a súa presenza protexe a Coroa e a torre. Unha superstición di que "se os corvos da Torre de Londres se perden ou marchan, a Coroa vai caer e, con ela, Gran Bretaña".«The guardians of the Tower ».
A nivel histórico, os corvos salvaxes eran comúns en Gran Bretaña, mesmo nas cidades, e a torre atopábase dentro da súa área de distribución natural. Cando foron exterminados de boa parte do seu hábitat natural, incluíndo Londres, só podían vivir en catividade na torre e co apoio oficial. A lenda sitúa a orixe da poboación de corvos en catividade nos tempos do Rei Carlos II (reinado entre 1660-85). Algúns historiadores cren que o "mito dos corvos da torre é, probablemente, unha fantasía da era vitoriana". Algúns dos corvos da torre foron criados especificamente en Somerset.
Notas
Categoría:Londres Categoría:Crenzas e supersticións