O wymysorys (wymysiöeryś), tamén coñecido como vilamoviano, é unha lingua xermánica falada na pequena vila de Wilamowice, en Polonia (Wymysoü en wymysorys), na fronteira entre Silesia e Pequena Polonia, preto de Bielsko-Biała.Ethnologue: Languages of the World - Wymysorys Está considerada unha lingua seriamente ameazada, xa que ten arredor de 70 ou 100 falantes nativos, todos eles bilingües e a maioría de avanzada idade. Así e todo dende o século XXI o wymysorys amosa signos de revitalización, ensínase a lingua na escola local, aparecen novos autores e a lingua recobra paseniñamente a súa función comunicativa Alexander Andrason & Tymoteusz Król (2016) A Grammar Of Wymysorys. Duke University, p. 16 e signo de identidade local. O wymysorys está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas xermánicas Categoría:Linguas de Polonia