Bartholomew Price, nado en 1818 na vila de Coln St. Dennis, Gloucestershire, e finado o 29 de decembro de 1898, foi un matemático e educador inglés.
Traxectoria Price comezou os seus estudos superiores de matemáticas no Pembroke College, en Oxford, en 1840, onde conseguiu senllas bolsas universitarias en 1842 e 1844. En 1845 adquiriu a condición de titor e profesor de matemáticas. Ao pouco tempo gozaba xa de moito prestixio como docentee comezou coa publicación dos seus primeiros tratados: Diferencial calculus (1848) e Infinitesimal calculus (en catro volumes, entre 1852 e 1860), que se consideraron como libros de texto principais durante moito tempo.Chisholm, Hugh (ed.). "Price, Bartholomew". En Encyclopaedia Britannica. 22. Cambridge University Press. 1911. Páxinas 313-314. (En inglés)
En 1853 foi nomeado catedrático, posto do que dimitiu en xuño de 1898. A súa actividade pública principal en Oxford estaba relacionada co Hebdomadal Council (o corpo reitor da universidade) e coa editora universitaria Oxford University Press, da que foi secretario durante varios anos. Exercía tamén como conservador da Bodleian Library, bolseiro honorario do Queen's College, gobernador do Winchester College e visitante do Observatorio Real de Greenwich. En 1891, foi elixido director do Pembroke Universidade, dignidade que levaba aparellada a de cóengo da catedral de Gloucester.
En 1889 era un dos accionistas da empresa Silver's, de Silvertown, no leste de Londres, unha puxante compañía de caucho.Tully, John. Silvertown. The Lost Story of a Strike that Shook London and Helped Launch the Modern Labor Movement. Nova York. Monthly Review Press. 2014. [ISBN 9781907103995] (En inglés)
Price faleceu en decembro de 1898 e foi enterrado no cemiterio Holywell, en Oxford."Monthly Notices". Royal Astronomical Society. 1899.
Obras An essay on the relation of the several parts of a mathematical science to the fundamental idea therein contained (1849). [Texto en liña] A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 1: Differential calculus (1857). [Texto en liña] A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 2. Integral calculus and calculus of variations. [Texto en liña] A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 3. Statics attractions, dynamics of material particle. [Texto en liña] A Treatise en Infinitesimal Calculus v. 4: The dynamics of material systems (1862). [Texto en liña]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Bartholomew Price". En The Online Books Page. (En inglés)
Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Membros da Royal Society