As linguas turcas son unha familia de linguas composto polo menos por 35 linguas,Dybo A.V., "Chronology of Türkic languages and linguistic contacts of early Türks", Moskow, 2007, p. 766, faladas polos pobos turcos dende o suroeste de Europa e o Mediterráneo até Siberia e o oeste da China. As linguas turcas xurdiron na rexión do leste de Asia e espalláronse cara ó oeste da China e de Mongolia, onde se cre que se falou o prototurco hai 2 500 anos, dende onde se expandiu cara a Asia central e mais ó oeste no primeiro milenio.
As lingua turcas son faladas como lingua nativa por preto de 170 millóns de persoas, e o número total de falantes turcos, incluíndo os falantes como segunda lingua, é de máis de 200 millóns.Brigitte Moser, Michael Wilhelm Weithmann, Landeskunde Türkei: Geschichte, Gesellschaft und Kultur, Buske Publishing, 2008, p.173Deutsches Orient-Institut, Orient, Vol. 41, Alfred Röper Publushing, 2000, p.611 A lingua con maior número de falantes da familia é o turco, falado principalmente en Anatolia e os Balcáns, representando o 40% de tódolos falantes de linguas turcas.
Notas
* Categoría:Pobos turcos Categoría:Linguas aglutinantes