O Gran Premio de Azerbaidján de 2017 (oficialmente 2017 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a oitava carreira da tempada . Celebrouse o 25 de xuño de 2017 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Azerbaidján. Foi a primeira carreira do Gran Premio de Azerbaidján como unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Será a segunda vez que unha carreira dispútase no circuíto e a segunda vez que un Gran Premio dispútase en Azerbaidján, xa que o circuíto e o país albergaron anteriormente o Gran Premio de Europa de 2016.

Sebastian Vettel entra na rolda cunha vantaxe de doce puntos sobre o Mercedes de Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos, mentres que Mercedes lidera sobre Ferrari por oito puntos no Campionato Mundial de Construtores.

Informe

Práctica libre Max Verstappen foi máis rápido na primeira práctica, establecendo un tempo de 1.44:410. Foi seguido polo seu compañeiro Daniel Ricciardo e o Ferrari de Sebastian Vettel en segundo e terceiro lugar. Na segunda práctica o Red Bull de Max Verstappen foi o máis rápido seguido por Bottas e Ricciardo. A terceira e última práctica do sábado foi encabeezada por Bottas, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro. Bottas set the quickest time of all three practices with a 1.42.742.

Clasificación Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta en Q1 debido a un incendio durante a práctica 3.

Na Q3, Lewis Hamilton conseguiu a pole position cun 1:40.593, 0.434 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo Bottas en segundo lugar, e 1.100 segundos máis rápido que Kimi Räikkönen no terceiro. Lance Stroll cualificou por diante do seu compañeiro de equipo, Felipe Massa, por primeira vez na tempada. Daniel Ricciardo golpeou a parede e comezou décimo.

Carreira Hamilton liderou sobre Vettel ata que saíu o primeiro coche de seguridade na volta 13 para quitar o Toro Rosso parado de Daniil Kvyat. Na volta 16, reanudouse a carreira pero saíu outro Safety Car logo de que os Force India de Ocon e Pérez chocaran no reinicio e deixaran restos na pista.

Baixo o segundo Safety Car, Hamilton queixouse repetidamente de que andaba demasiado amodo. Vettel chocou con Hamilton baixo o Safety Car e máis tarde recibiu unha penalización de 10 segundos por condución perigosa. A carreira reiniciouse na volta 21, só para sacar a bandeira vermella na volta 22 para que os comisarios puideran sacar máis restos.

Durante o período da bandeira vermella, os equipos traballaron nos seus autos, Force India substituíu os pneumáticos de Ocon e a á dianteira de Pérez. Ferrari substituíu a dianteira de Vettel e arranxou o piso de Kimi Räikkönen. Mercedes traballou no difusor traseiro de Hamilton.

Logo da bandeira vermella, a carreira reiniciouse detrás do coche de seguridade. Hamilton lideraba diante de Vettel, Massa, Stroll, e Ricciardo. Ricciardo pasou os dous Williams na curva 1 e colocouse no terceiro lugar ata que Hamilton tivo que entrar en boxes de novo para cambiar o repousa cabezas e Vettel tivo que entrar a cumprir a súa penalización cun stop & go. Massa retirouse debido a un amortecedor da suspensión roto, Ricciardo marchaba por diante de Stroll e Bottas. Bottas pasou a Stroll na recta final ao final da última volta, superando a Stroll polo segundo lugar en 0,105 segundos. Stroll conseguiu o seu primeiro podio cun terceiro lugar. Vettel terminou cuarto, Hamilton quinto, Ocon sexto, Magnussen sétimo, Sainz oitavo, Alonso noveno (anotando os primeiros puntos de McLaren da tempada) e Wehrlein décimo.

Como resultado da carreira, Vettel aumentou a súa vantaxe sobre Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos a 14 puntos, mentres que Mercedes aumentou a súa vantaxe sobre Ferrari no Campionato Mundial de Construtores a 24 puntos.

Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrellafinalQ1Q2Q31 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:41.983 1:41.275 1:40.593 1 2 77 Valtteri Bottas Mercedes 1:43.026 1:41.502 1:41.027 2 3 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:42.678 1:42.090 1:41.693 3 4 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:42.952 1:41.911 1:41.841 4 5 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:42.544 1:41.961 1:41.879 5 6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:43.162 1:42.467 1:42.111 6 7 31 Esteban OconForce India-Mercedes 1:43.051 1:42.751 1:42.186 7 8 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:43.613 1:42.284 1:42.753 8 9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:43.165 1:42.735 1:42.798 9 10 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:42.857 1:42.215 1:43.414 10 11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1:42.927 1:43.186 11 12 55 Carlos Sainz Toro Rosso 1:43.489 1:43.347 15Carlos Sainz recibiu unha penalización de tres posicións na grella, por provocar un accidente no anterior Gran Premio. 13 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:44.029 1:43.796 12 14 27 Nico Hülkenberg Renault 1:43.930 1:44.267 13 15 94 Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:44.317 1:44.603 14 16 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:44.334 19Fernando Alonso e Stoffel Vandoorne foran penalizados respectivamente con 40 e 30 posicións na grella debido a substitución de varios compoñentes da unidade de potencia. 17 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:44.468 16 18 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:44.795 17 19 2 Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:45.030 18Tempo límite 107%: 1:49.121 NSC 30 Jolyon Palmer Renault 20Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta na Q1, e permitíuselle correr a discreción dos comisarios. Fonte:

A letra grosa indica o mellor tempo de cualificación na Q1, Q2 e Q3.

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorvoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 3 Daniel Ricciardo512:03:55.57310252 77 Valtteri BottasMercedes51 +3.9042183 18 Lance StrollWilliams-Mercedes51 +4.0098 154 5 Sebastian VettelFerrari51 +5.9764125 44 Lewis HamiltonMercedes51 +6.1881106 31 Esteban Ocon51 +30.298787 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari51 +41.7531268 55 Carlos SainzToro Rosso51 +49.4001549 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda51 +59.55119210 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari51 +1:29.09314111 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari51 +1:31.7941712 2McLaren-Honda51 +1:32.1601813 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari50 +1 volta1614O piloto non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira. 7 Kimi RäikkönenFerrari46Presión auga3Ret 11 Sergio PérezForce India-Mercedes39Asento6Ret 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes25Suspensión9Ret 27 Nico HülkenbergRenault24Accidente13Ret 33 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer12Presión aceite5Ret 26 Daniil KvyatToro Rosso9Batería11Ret 30 Jolyon PalmerRenault7Unidade de potencia20Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos.pilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel153 10px2 Lewis Hamilton139 10px3 Valtteri Bottas111 10px 14 Daniel Ricciardo92 10px 15 Kimi Räikkönen73

Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px1 Mercedes250 10px2 Ferrari226 10px3137 10px4 Force India-Mercedes79 10px 15 Williams-Mercedes37

Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2017 Categoría:Gran Premio de Azerbaidján de Fórmula 1