Santa María de Lieiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.670 habitantes (1.359 mulleres e 1.311 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.713 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2.362 habitantes, sendo 1.167 homes e 1.195 mulleres. Onda o lugar de San Cibrao está situada unha importante factoría de Alumina-Aluminio, actualmente Alcoa.
Lugares de interese Igrexa de Santa María e a súa reitoral en Lieiro, capela do Guioncho, capela de Santo André e de San Cibrao, pazo de Pedrosa, ponte do Vao, antigas fábricas de salgadura e Museo do Mar en San Cibrao. Praia do Torno, praia da Caosa, praia de Cubelas e praia de Lieiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lieiro
Parroquias de Cervo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festa da Maruxaina Lugares de Cervo
Categoría:Parroquias de Cervo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María