Car Seat Headrest é unha banda estadounidense de indie rock procedente orixinalmente de Leesburg, Virxinia e baseada no presente en Seattle, Washington. O grupo iniciouse en 2010 como un proxecto de gravación en solitario de Will Barnes, coñecido como Will Toledo. Car Seat Headrest leva publicados 12 álbums a través da plataforma musical Bandcamp. Asinou un contrato con Matador Records en 2015 e comezou unha xira en 2016 presentando o material do seu derradeiro disco, Teens of Denial, como unha banda completa. O traballo de Toledo destaca polo seu gran culto online. O grupo chamou a atención de publicacións como Pitchfork Media, Rolling Stone, The New Yorker e Paste, entre outras.

Historia Inicios en Bandcamp Car Seat Headrest comezou como o proxecto de Will Toledo pouco despois de que rematase o instituto. Toledo editara música anteriormente baixo o alias de Nervous Young Men, pero despois de loitar por conseguir unha audiencia decidiu cambiar as súas tácticas elixindo intentar e editar cancións máis experimentais para ver se podía chamar a atención de alguén. Elixiu o nome de "Car Seat Headrest" debido á súa decisión de gravar as voces dos seus primeiros álbums no asento traseiro do seu coche pola súa privacidade. A produción de Toledo foi medrando e facéndose cada vez menos lo-fi, aínda que mantense como un bo exemplo de ética Do It Yourself.

Co lanzamento en 2011 de Twin Fantasy, que se convertería no máis popular dos seus álbums autoeditados, Toledo notou unha grande afluencia de novos seguidores da banda.

Contrato con Matador En setembro de 2015 Car Seat Headrest anunciou a través da súa páxina de Facebook que asinara un contrato con Matador Records. No mes de outubro dese ano a banda publicou o álbum recompilatorio Teens of Style a través de Matador, sendo o seu primeiro traballo non autoeditado por Bandcamp.

O día 20 de maio de 2016 vería a luz o seu primeiro disco creado a través dun proceso de estudio tradicional, Teens of Denial.

Unha mestura alternativa do sinxelo de 2017 de Car Seat Headrest "War Is Coming (If You Want It)" foi publicada en Bandcamp durante un día indo os seus beneficios ao Transgender Law Center. Unha versión final do tema lanzouse dez días despois.

O 13 de decembro de 2017 a banda publicou a través de Spotify unha versión regravada de "Beach Life-In-Death", o segundo tema de Twin Fantasy, sen un anuncio previo. Este feito disparou os rumores entre os seguidores do grupo sobre que o álbum podería ser regravado no seguinte ano. O 27 de decembro, os seareiros atoparon unha lista de Amazon que detallaba unha versión regravada de Twin Fantasy, e posteriormente subírona ao subreddit de Car Seat Headrest. Despois apareceu unha lista en SRCVinyl.com, con data do 16 de febreiro de 2018, que contiña unha versión resumida do anuncio de prensa de Matador Records.

Twin Fantasy (Face to Face) e Commit Yourself Completely miniatura|250x250px|Andrew Katz (batería) e Seth Dalby (baixo) O 19 de xaneiro de 2018 Matador Records anunciou formalmente o lanzamento da regravación, titulada Twin Fantasy (Face to Face), xunto cunha reedición do álbum orixinal. Twin Fantasy (Face to Face) foi publicado o día 16 de febreiro. O orixinal, que foi rebautizado Twin Fantasy (Mirror to Mirror), editouse en vinilo como parte do Record Store Day o 21 de abril.

O 15 de febreiro Car Seat Headrest publicou unha versión do tema "Fallen Horses" de Smash Mouth, que devolveron o favor versionando "Something Soon".

Dende xaneiro de 2018 Car Seat Headrest estivo xirando coa banda amiga baseada en Seattle Naked Giants, como unha parte da súa ampliada formación ao vivo.

En agosto de 2018, cando lle preguntaron sobre novo material, Toledo confirmou que estaba “facendo demos en Ableton,” engadindo “pode que haxa cousas que sorprendan a persoas que só nos coñecen como banda de rock, pero non creo que sexa unha sorpresa para as persoas que revisan as nosas cousas menos coñecidas". En xaneiro de 2019 Andrew Katz confirmou que a banda estaba gravando música nova a través dun vídeo subido a Instagram.

Tras o anuncio de nova música, a banda comezou a experimentar con material novo en varios concertos en decembro de 2018, estreando as cancións "Weightlifters" e "Can't Cool Me Down". Agardábase que eses temas aparecesen no próximo lanzamento do grupo.

O 12 de xuño de 2019 Car Seat Headrest anunciou un novo álbum ao vivo titulado Commit Yourself Completely, con gravacións oficiais de actuacións da súa xira máis recente. O disco foi lanzado á seguinte semana do anuncio, o día 19 de xuño.

Making a Door Less Open miniatura|299x299px|Ethan Ives O 26 de febreiro de 2020 Car Seat Headrest anunciou o seu primeiro álbum de estudio con material completamente novo dende o Teens of Denial de 2016, Making a Door Less Open. O anuncio coincidiu co lanzamento de "Can't Cool Me Down", o primeiro sinxelo do disco. O traballo foi editado o día 1 de maio e marcou un cambio de estilo con respecto ao seu material anterior, dicindo Toledo que o disco contiña elementos de EDM, hip hop, futurismo, doo-wop, soul e rock and roll. Entre marzo e abril lanzáronse tres sinxelos máis para promover o álbum: "Martin", "Hollywood" e "There Must Be More Than Blood". O lanzamento tamén coincidiu coa introdución de Trait, unha personalidade alternativa de Toledo, levando unha máscara de gas con luces LED escintilantes por ollos. O personaxe fora creado orixinalmente para o proxecto paralelo "cómico" do grupo, 1 Trait Danger, formado por Toledo e o batería Andrew Katz.

Making a Door Less Open lanzouse con tres versións distintas con diferentes formatos: vinilo, CD e streaming, cada unha con variacións na listaxe de cancións e elementos musicais específicos. O álbum foi recibido con reaccións dispares por parte dos seguidores do grupo, que sinalaron as moitas diverxencias cos anteriores traballos da banda, pero recibindo unha puntuación de 77 en Metacritic. Toledo destacou que el e a banda estaban traballando nun álbum complementario para o seu último lanzamento, mentres buscaba o xeito de mellorar a máscara de Trait para incorporala aos concertos.

MADLO O 22 de xuño de 2021 Car Seat Headrest publicou dous EPs: MADLO: Influences, unha colección de catro versións, e MADLO: Remixes, formado por catro remesturas de temas de Making a Door Less Open. Ese mesmo ano Toledo produciu o álbum How to Drive a Bus da banda baseada en Nova Jersey I've Made Too Much Pasta. Katz tamén aparece acreditado, xunto con Toledo, por masterizar o traballo.

Debido á pandemia de COVID-19, a xira que a banda tiña planeada por América do Norte foi cancelada, sendo posteriormente reprogramada para a primavera de 2022.

En abril de 2022 a Toledo diagnosticáronlle COVID-19 mentres estaba de xira, facendo que moitas das actuacións da banda fosen reprogramadas e máis tarde canceladas. Toledo despois revelou que desenvolvera revealed unha intolerancia á histamina como resultado de COVID persistente.

O 23 de xaneiro de 2023, Andrew Katz fixo unha publicación en Instagram sobre a conclusión da xira de MADLO, insinuando un novo álbum no título da foto. A principios de xuño a banda anunciou a creación dunha conta de Patreon como un xeito para conseguir apoio económicos dos seus seguidores mentres non estaba en xira, ofrecendo concertos en liña e fotos e historias detrás de cámaras de toda a historia da banda.

O 12 de outubro de 2023 a banda publicou un sinxelo compartido cos neozelandeses The Beths xunto co produtor e multiinstrumentista Pickle Darling. No sinxelo Car Seat Headrest interpreta unha versión do tema “We Looked Like Giants" de Death Cab for Cutie, mentres que os músicos neozelandeses achegan unha versión de "Brand New Colony" de The Postal Service. Días despois a banda anunciou o lanzamento o 8 de decembro do álbum ao vivo Faces From the Masquerade, formado por 13 temas gravados durante a súa residencia de tres noites no Brooklyn Steel en marzo de 2022.

O segundo álbum en solitario de Ethan Ives co alias Toy Bastard, The War, apareceu o 15 de xullo de 2024. Dende 2023 Car Seat Headrest leva traballando nun novo álbum de estudio que agardan rematar no outono de 2024, e pouco a pouco comezaron a volver ás actuacións en directo despois dos problemas de saúde de Toledo.

Estilo O biógrado de AllMusic Mark Deming escribiu que Car Seat Headrest creou "cancións pop lo-fi cambiantes e introspectivas que son melódicas pero á vez estruturalmente ambiciosas". Escribindo para Pitchfork, Jeremy Gordon afirmou que en Teens of Denial, "Will Toledo reafirma que está á cabeza do grupo como cantautor imaxinativo capaz de crear un indie rock dinámico". Ian Cohen de Pitchfork tamén describe a música de Toledo como "música densa e confusa que capta a maioría das veces a emoción vertixinosa de ter acceso a equipos de gravación, de poñerlle finalmente un son á voz na túa cabeza". Rolling Stone describiu Making a Door Less Open como "un álbum inmersivo e aventureiro que soa pulido, pero nunca esmaltado, un experimento ben executado de polinización entre xéneros que amplía os mellores impulsos de composición de cancións de Toledo". Toledo é aberto sobre as súas influencias musicais, que inclúen, pero non están limitadas a, Radiohead, The Beatles, The Beach Boys, Leonard Cohen, David Bowie, The Monkees, R.E.M., Nirvana, Green Day, The Who, Pavement, Kendrick Lamar, Daniel Johnston, Sufjan Stevens, Destroyer, Frank Ocean e They Might Be Giants.

Membros miniatura|249x249px|Will Toledo Actuais

Will Toledo - voces, guitarra, teclados (2010-presente), batería, baixo (2010-2015) Ethan Ives - guitarra, coros (2016-presente), baixo (2015–2016) Andrew Katz - batería, coros (2014-presente) Seth Dalby - baixo (2016-presente, 2011 sesión)

Xira

Grant Mullen - guitarra, coros (2016, 2018-2019) Gianni Aiello - guitarra, teclados, coros (2016, 2018-2019) Henry LaVallee - percusión (2016, 2018-2019) Ben Roth - teclados (2022-presente)

Antigos membros

Katie Wood - guitarra, coros (2012-2014) Austin Ruhf - baixo, coros, cello (2012-2014) Christian Northover - batería (2012-2014) Will Marsh - guitarra (2012) Jacob Bloom - baixo (2014-2015)

Liña de tempo

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo 1 2010 autoeditado 2 2010 autoeditado 3 2010 autoeditado 4 2010 autoeditado My Back Is Killing Me Baby 2011 autoeditado Twin Fantasy 2011 autoeditado Monomania 2012 autoeditado Nervous Young Man 2013 autoeditado Teens of Style 2015 Matador Records Teens of Denial 2016 Matador Records Twin Fantasy (Face to Face) 2018 Matador Records Making a Door Less Open 2020 Matador Records The Scholars 2025 Matador Records

Álbums ao vivo Álbum Ano Selo Live at WCWM: Car Seat Headrest 2013 Why Me Spotify Sessions 2016 Matador Records Commit Yourself Completely 2019 Matador Records Faces from the Masquerade 2023 Matador Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Bandcamp do grupo

Categoría:Grupos musicais de Virxinia Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Artistas de Matador Records