Domingo Villar Grangel,O seu segundo apelido tamén aparece escrito como Granjel. nado en Santiago de Compostela en 1882 e finado en Bolivia en 1933,El Compostelano, 12-7-1933, p. 2. foi un avogado, político e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Jose Villar e Vicenta Granjel. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse en Madrid, onde traballou no Ministerio de Fomento. Colaborou en Correo de Galicia e Almanaque Gallego e foi un activo conferenciante. Redactou a memoria de constitución da Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia, da que foi conselleiro. Na ditadura de Primo de Rivera interveu a favor de José Calvo Sotelo na campaña municipal e foi nomeado gobernador civil de Cuenca (1924-1925)El Pueblo Gallego, 14-5-1924, p. 12. e das Palmas (1925-1926). Despois marchou a Bolivia, onde foi catedrático de Dereito Administrativo, e onde morreu en 1933.
Obras La emigración gallega, 1901. Porvenir económico de España, 1903. Ferrocarriles secundarios de Galicia, 1904. El problema de los cambios, 1906. Póliza de préstamos sobre mercancías, 1907. Un Ministro de Fomento. Don Augusto González Besada, 1909. Jovellanos y la reforma agraria, 1912. Cartas sobre Galicia, 1914. Estudios de derecho administrativo, 1914.
Vida persoal Casou en Vilagarcía de Arousa con Celia Padín Piñeiro en 1911.El Diario de Pontevedra, 4-9-1911, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xornalistas na historia de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gobernadores civís de Cuenca Categoría:Galegos de Bolivia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público