Manuel Resumil Aragunde, nado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa) en 1905, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Emigrou á República Dominicana en 1922. Licenciouse en Dereito. Colaborou en Galicia Nueva. Secretario de Falange Española na República Dominicana durante a guerra civil española, colaborou no semanario Amanecer, editado polos falanxistas en Ciudad Trujillo en 1938. Nacionalizado dominicano, foi amigo e colaborador de Rafael Leónidas Trujillo, foi presidente da Cámara Oficial de Comercio, Agricultura e Industria do distrito de Ciudad Trujillo (1940-1954), representante da República Dominicana en distintos Comités da ONU e Secretario de Estado de Industria, Comercio e Banca (1955-1956).

Obras Alejandro el Grande. Comedia en tres actos, 1925. El Estado como agente activo de la industrialización de la República Dominicana, 1959.

Véxase tamén Ligazóns externas Xornalistas na historia de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da República Dominicana Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido