Lorenzo García Vidal, nado en Loureiro (Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1846 e finado na mesma parroquia o 30 de abril de 1928, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Carlos García Vidal e Josefa Vidal Justo. Estudou o bacharelato en Pontevedra, rematando en 1866. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1870. Regresou a Loureiro para exercer a avogacía. En 1872 foi alcalde de Cotobade. Foi escribán de Ponte Caldelas, deputado provincial e avogado de beneficencia. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 6 de marzo de 1899. En 1902 foi gobernador civil de Ourense. Finou en Loureiro o 30 de abril de 1928 aos 82 anos.Necrolóxica en El Progreso, 1-5-1928, p. 3.

Vida persoal Foi pai de José García Vidal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas José de Cora (11/3/2017). "El gobernador enamorado", Bitacora de Cora .

Categoría:Alcaldes de Cotobade Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gobernadores civís de Ourense