Manuel Xestoso González, nado en Santa Cruz de Tenerife en 1966 é un escritor, tradutor e crítico galego.
Traxectoria Traballou en editoriais galegas e españolas, foi xornalista cultural en A Nosa Terra e colaborou en Grial, Faro de Vigo, Sermos Galiza e na Revista Galega de Teatro, da que é subdirector. Tamén é redactor de Nós Diario no que realiza numerosas entrevistas.
Obra en galego Ensaio Antón Reixa ghicho distinto (2012). Con Xosé Cid Cabido. Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-399-6.
Poesía As ruínas de Europa (2017). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-060-4.
Traducións A desaparición de Esme Lennox de Maggie O'Farrell (2011). Vigo: Galaxia. 244 páxs. ISBN 978-84-9865-402-8.
Obra en castelán Teoría del ruido (1995). Galeria Tripas Corazo. Unha plaquette ilustrada por Viola Siruthairath, inicialmente escrita en galego e que o propio autor traduciu.
Premios 2021: Grande Prémio de Jornalismo Internacional Carlos Porto, no marco do Festival de Almada, en Portugal, pola crónica “O público é quen máis ordena”, publicada en Nós Diario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Manuel Xestoso: “A cultura oficial cheira a incenso, ten algo sempre de culto aos mortos”, entrevista en Praza.gal
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes