Jean Rhys, nada en Roseau (Dominica) o 24 de agosto de 1890 e finada en Exeter o 14 de maio de 1979, cuxo nome orixinal era Ella Gwendolen Rees Williams, foi unha novelista caribeña da primeira metade do século XX. As súas primeiras novelas foron publicadas durante as décadas dos anos 1920 e 1930, até a publicación da súa novela Wide Sargasso Sea en 1966 non foi considerada unha figura literaria de relevancia. A precuela da novela Jane Eyre de Charlotte Brontë, Wide Sargasso Sea, gañou en 1967 o prestixioso premio literario outorgado por WH Smith, o WH Smith Literary Award.
Traxectoria Ryhs naceu en Roseau, cando Dominica aínda era colonia británica, filla de pai galés e nai crioula mais de raíces escocesas. Aos dezaseis anos trasladouse a Inglaterra onde traballou en Londres como corista sen demasiado éxito, até tal punto que chegou a ingresar na prisión de Holloway.
Nos anos 1920 viaxou ao continente europeo onde traballou como artista bohemia, período no que residiu temporalmente en París. Durante este período da súa vida, Rhys viviu case na pobreza. Neste período familiarizouse coa arte modernista e a literatura e converteuse en alcohólica, problema que mantivo durante toda a súa vida. As súas experiencias na sociedade patriarcal e os sentimentos de se sentir desprazada influíron e formaron parte dalgúns dos seus traballos, así como a súa infancia difícil, na que non acabou de ser aceptada nin pola sociedade crioula nin pola europea da súa illa natal.
A maioría das obras de Rhys tratan sobre mulleres que se ven desprazadas dos seu ambientes naturais e deixadas ao capricho de sociedades con pobres valores familiares, nunha mostra da súa propia experiencia. O seu estilo caracterízase frecuentemente pola súa mestura de técnicas modernistas e de sensibilidades propias da sociedade caribeña da que proviña.
A súa obra foi publicada e promovida entre outros por Ford Madox Ford. Diana Athill, da editorial André Deutsch, axudou a Ryhs a volver a chegar a un amplo público tras a perda do favor do público que sufriu. Athill foi a responsable da publicación de Wide Sargasso Sea, obra adaptada á televisión pola BBC.
Durante o último período da súa vida, viviu en Londres xunto a un amigo intérprete de jazz británico, George Melly. Escribiu unha sarcástica canción de amor para el xunto a John Chilton, titulada Life with you. Os seus escritos e efectos persoais atópanse na Biblioteca Mac Farlin da Universidade de Tulsa, no departamento de Coleccións especiais e arquivos da Universidade.
Bibliografía The Left Bank and Other Stories, 1927 Postures (Posturas), 1928, publicada en 1929 como Quatet After Leaving Mr Mackenzie, 1931 Voyage in the Dark, 1934 Good Morning, Midnight, 1939 Wide Sargasso Sea, 1966, traducida como Ancho Mar de Argazo por Manuel Forcadela, 2007, Ed. Xerais.https://www.scribd.com/document/329772605/Teorias-e-practicas-da-traducion-feminista-pdf . Consultado o 14 de xuño de 2017. Tigers Are Better-Looking: cunha selección de obras de 'The Left Bank' , 1968 Penguin Modern Stories 1, 1969 (xunto a outros) My Day: Three Pieces, 1975 Sleep It Off Lady, 1976 Smile Please: An Unfinished Autobiography, 1979 Let Them Call it Jazz and other stories, 1980 Jean Rhys Letters 1931-1966, 1984 Early Novels, 1984 The Complete Novels, 1985 Tales of the Wide Caribbean, 1985 The Collected Short Stories, 1987
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Jean Rhys en El Poder de la Palabra (en español) Biografía en The Literary Encyclopedia (en inglés) Biografía de Jean Rhys (en inglés) Biografía de Jean Rhys y su relación con Dominica (en inglés) Papeis de Jean Rhys na biblioteca McFarlin da Universidade de Tulsa (en inglés) Wide Sargasso Sea adaptada á TV (en inglés) Dafne Solá Parera: En busca de un discurso identitario y canónico: la reescritura de Rhys y Coetzee en Wide Sargasso Sea y Foe (en español)
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades da literatura