Acontecementos Comeza en Francia o reinado de Filipe V. O papa Xoán XXII nomea arcebispo de Santiago de Compostela a frei Berenguel de Landoira, até entón xeneral da orde dominica (até 1330).
Nacementos Blanca Margarete de Valois, futura esposa do rei de Bohemia Karl I († 1 de agosto de 1348)
Mortes 14 de febreiro - Margarida de Francia, dona de Eduardo I de Inglaterra (n. 1282). 8 de outubro - Fushimi, emperador do Xapón (n. 1265)
Outros Estabelecemento de relacións marítimas regulares entre Bruxas, no mar do Norte, e Venecia, no mar Adriático (galere da mercato). Dinís I de Portugal pecha contrato co mercador xenovés Manuel Pessagno (cuxo nome será portuguesizado como Manuel Pessanha), polo cal se pon ao servizo de Portugal coa súa frota dunha vintena de naves. Os Pessanha ostentarán en Portugal o título de almirantes durante cinco xeracións.
Historia ano a ano
Categoría:1317