miniatura|320x320px|Froitos in situ. miniatura|240x240px|Froitos secos e sementes. miniatura|379x379px|Ilustración A norza moura ou uvas de canNomes común en galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 (Dioscorea communis ou Tamus communis) é unha planta rubideira da familia das dioscoreáceas.
Descrición Planta rubideira que renova os seus talos cada ano e se enrosca na dirección das agullas do reloxo. Follas alternas de 3 a 20 cm de lonxitude, pecioladas, oval e en forma de corazón, longamente acuminadas, limbo verde escuro, con 3 a 9 nervios manifestos e curvados que parten da escotadura basal. Talos gabeadores retortos de até 4 m, febles, tenros e lampinos, con estrías lonxitudinais. Tubérculo moi grande de até 20 cm ou máis de lonxitude de cor negra. Planta dioica de flores amareladas, as masculinas en ramalletes espiciformes e magros, patentes, con 6 estames, as femininas en espigas máis curtas, pénsiles, de poucas flores, con 3 sépalos e 3 pétalos semellantes unidos no baseamento formando un tubo co rudimento do froito no efondo; corola de 3 mm de lonxitude, con 6 lóbulos estreitos un tanto recurvados. Froito en baga carnuda, duns 12 mm de diámetro, vermello brillante pálido, de cando en cando amarelado, en acios e con poucas sementes. Frutifica polo outono.
Distribución e hábitat Gran parte de Europa, agás na Europa setentrional. Común na Península ibérica e as illas Baleares. Habita en lugares húmidos e sombrizos, fileiras de sebes, matogueiras, marxes de carballeiras, piñeirais, aciñeirais, e bosques de ribeira. Intervén nas asociacións Bupleurum-Quercus rotundifolia e Rubo ulmifolii-Rosetum corymbiferae. É común en Galiza.
Importancia económica e cultural Usos As raíces, ou tubérculo napiforme en cataplasma, sandan contusións e feridas e en fretas disque alivian a reuma, a artrite e a ciática;son rubefacientes e arroiban a pel. Froitos velenosos, mesmo mortais. Eventualmente prodúcense intoxicacións graves nos nenos, que inxeren accidentalmente as súas bagas, dunha atractiva cor vermella. A intoxicación cursa con intensa irritación de mucosas, dor abdominal, diarreas e vomitos, acompañados de esmorecemento, somnolencia, calafríos, mesmo alteracións respiratorias e coma.
Nos caso de Galiza, as bagas empregábanse coma menciña contra a reuma, apañábanse agosto e gardábanse na casa. Despois quecíanse na lareira unha vez tirado o lume e fretaban con elas a parte doridaMarcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar.
Principios activos Principio semellante á histamina, saponósidos esteroídicos derivados da diosxenina e abundantes rafidios de oxalato de calcio (CaC2Ou4).
Taxonomía Dioscorea communis foi descrita por (L.) Caddick & Wilkin e publicado en Taxon 51(1): 112, 109. 2002. Citoloxía Número de cromosomas de Tamus communis (Fam. Dioscoreaceae) e táxones infraespecíficos 2n=48.Proves Números cromosómicos para la flora española, 504-515. Sinonimia Smilax rubra Willd. Tamus communis L. Tamus cretica L. Tamus smilacifolia Jullien ex Boreau Dioscorea canariensis Webb & Berthel. Tamus baccifera St.-Lag. Tamus canariensis Willd. ex Kunth Tamus cirrhosa Hausskn. ex Bornm. Tamus cordifolia Stokes Tamus edulis Lowe Tamus norsa Lowe Tamus parviflora Kunth Tamus racemosa GouanDioscorea communis en PlantList
Nome común Galego: uvas de can, norza moura, saltasebes (este nome sóeselle dar á especie tamén rubideira: Bryonia dioica ou Bryonia cretica subsp.dioica), nouza, noza, uvas de can, uvas de cobra, valdebaE. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia. Portugués: Da mesma etimoloxía cá galega proveñen os nomes en portugués: >uva-de-cão e norça-pretaBuscatermos da USC. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia da Botánica Características das dioscoreáceas
Categoría:Dioscorea Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 2002 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas tóxicas Categoría:Plantas rubideiras