O cabalo Clydesdale é unha raza de cabalo de tiro orixinaria de Escocia. Semellante ó cabalo Shire, pero coas patas máis longas, xurdiu no sueste de Escocia, en Clydesdale, na metade do século XVIII, especialmente para o transporte de cargas pesadas. É un animal activo e forte, de temperamento disposto e equilibrado. Pode presentar pelaxes de diferentes cores e mide aproximadamente 1,60 metros de altura.

Historia Os cabalos de Grande Porte foron orixinalmente desenvolvidos para o uso en guerras, tanto para levar as catapultas (cabalos de tiro) ou os cabaleiros de armadura pesada para a batalla. Os agricultores escoceses máis tarde comezaron a cruzar algúns dos maiores garañóns ingleses e flamengos con eguas escocesas. Eles finalmente produciron un poderoso cabalo cun paso longo e un casco moi resistente, perfecto para traballar nos chans de terras ásperas de Escocia.

A finais do século XIX, a popularidade da raza Clydesdale floreceu, e leváronse a cabo un gran número de exportacións para os países da comunidade británica de Australia, Nova Zelandia, o Canadá e os Estados Unidos. Foi un cabalo moi importante no desenvolvemento agrario de Australia. Hoxe, o Clydesdale aínda é un dos cabalos máis populares nos devanditos países. Malia ser substituído polo tractor na maioría das facendas, este cabalo é empregado na agricultura e silvicultura, alí onde os tractores non son capaces.

A versatilidade da raza é evidente polo número crecente de modalidades hípicas nas que é utilizada.miniatura|Cabalo Clydesdale.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de razas de cabalos

Categoría:Razas de cabalos